O pasado 28 de xullo tivemos a segunda xuntanza as OO.SS e a xerencia de SEAGA para regular mediante acordo as condicións de traballo do persoal.
Estes foron os temas abordados:
NOCTURNIDADES
Despois das diversas sentenzas favorables que obrigan a empresa a pagar as horas nocturnas ao persoal , a xerencia presenta a seguinte proposta:
“As partes acordan o pagamento das horas de traballo desenvoltas en horario nocturno (entre as 22:00h e as 6:00h) a partires da campaña 2017. O salario correspondente á xornada efectiva de traballo desenvolta en dito horario incrementarase nun 30% en concepto de complemento de nocturnidade. O persoal que non realice toda a quenda en horario nocturno percibirá o incremento proporcional ao tempo investido en dita franxa horaria. A efectos de cálculo do complemento de cálculo de complemento de nocturnidade, establécese a seguinte fórmula:
Valor hora nocturna=(salario bruto anual/Nª horas anuais) *0.30
Cando por causas excepcionais o servizo se prolongue despois das 6:00h, o plus de nocturnidade aplicarase unicamente a efectos económicos , ata a terminación de dito turno.
Os efectos económicos do pago de nocturnidade incluirán, previa conciliación cos traballadores, as horas nocturnas desenvoltas na campaña 2016”
Dende CSIF propoñemos eliminar “ por causas excepcionais” , para que as horas nocturnas se paguen ata a finalización da quenda, e non só na franxa horaria de 10:00h a 6:00h, aceptan a proposta .
Con respecto a fórmula do cálculo para pago de nocturnidade, a CSIF nos vale , sempre e cando as horas de traballo anuais vaian diminuíndo e equiparándose ás 1665h que marca o V Convenio (deste xeito non sería necesario modificala no caso de que vaian diminuíndo progresivamente, ou incluso si son menos de 1665h anuais ).
PERMISOS E LICENZAS
A proposta da empresa:
“As partes acordan aprobar un réxime de permisos e licenzas para o persoal de SEAGA que se recolle como Anexo I á presente acta”
O anexo I ten moitas lagoas, e propoñemos que os permisos e licenzas deste persoal sexa o mesmo que para o persoal laboral e funcionario da administración da Xunta de Galicia (Resolución do 24 de febreiro de 2016 da Dirección Xeral de Función Pública , pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas)
A empresa acepta como base fundamental a Resolución do 24 de febreiro , establecendo una comisión de seguimento por mor das condicións específicas e concretas do persoal de SEAGA.
ANEXO CONDICIÓNS DO PERSOAL DE SEAGA ADSCRITO A TAREFAS DE PREVENCIÓN , VIXILANCIA E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
A empresa propón:
“As partes acordan regular as condicións de traballo do persoal de SEAGA adscrito a tarefas de prevención, vixilancia e defensa contra incendios forestais de acordó co recollido no Anexo II da presente acta”
O anexo II non varía nada das condicións precarias que ten o persoal de SEAGA neste momento, e xustifican a presentación deste documento coas condicións que nel se recollen como necesario, pois foi protocolarizado por un estudo de riscos psicosociais.
A proposta de CSIF é que as condicións se equiparen co acordo de condicións específicas do persoal do SPDIF que recolle o V Convenio
A empresa acepta usar como base o acordo do SPDIF, é crear una comisión de seguimento para tratar as especificidades de adaptación precisas ás necesidades na empresa, dita comisión de seguimento deberá crearse no prazo máximo de 15 días dende a firma deste acordo. A comisión estaría formada por un representante por organización sindical (cun asesor) e mesmo número de representación por parte da empresa.
ESTABILIDADE
Pásannos os datos das estatísticas de contratación de persoal en SEAGA nos anos 2012-2016, cun promedio de 200 traballadores , sen contar cos 500 da campaña do verán.
Dende CSIF propoñemos que se elaboren as fórmulas necesarias para que todo o cadro de persoal poda prestar servizos durante un período de tempo razoable ao longo de todo o ano, podendo realizar todas as encomendas que teña asignadas SEAGA
Queda pendente este tema a espera de que a empresa presente una proposta concreta de plantilla estructural , que segundo eles solo podería alcanzar a 60 postos. Así como o cambio da denominación das categorías de SEAGA acorde coas novas categorías de extinción de incendios da Xunta de Galicia
RETRIBUCIÓNS: CALENDARIO EQUIPARACIÓN
A empresa está a formular as consultas pertinentes , toda vez que a asunción dalgún compromiso nesta materia esixe de acordos por parte de distintos órganos da Xunta de Galicia.
As organizacións sindicais propoñemos que fagan un estudio económico concreto para chegar a equiparación salarial co persoal da Xunta de Galicia. Consideramos como algo urxente xa que os orzamentos da Comunidade Autónoma están en fase preparatoria, e son básicos para acadar melloras en SEAGA en moitos dos temas aquí tratados.