Resumo da reunión (10/10/2017) co Secretario Xeral Técnico e responsables de persoal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para tratar unha modificación parcial da RPT.
As modificacións que se presentan inciden básicamente en:
1.-Modificacións de xornada nunha serie de postos tanto de personal funcionario como de personal laboral, dependentes da Subdirección Xeral de Bibliotecas e das Biliotecas, nas que figuraba a previsión “cando sexa vacante pasar á xornada de mañá ou tarde que pasan a ter “XORNADA DE MAÑÁ OU TARDE”.
A conselleria recoñece que se esta a producir unha modificación substancial das condicións de traballo, e xustifica a mesma en razóns técnico-organizativas e do aforro económico.
2.- Incremento do nivel de complemento de destino e específico de 54 prazas de técnico/as medios/, que pasan do 16 ao 18, segundo se explica na propia memoria funcional, para «compensar» dalgún xeito as novas condicións de traballo que debe asumir este persoal. Como contraprestación, segundo se explica, a que conste nas observacións destes postos a coletilla “horario especial”.
CSIF maniféstase claramente en contra destas modificacións xa que:
1.- Con caracter xeral, opoñémonos a este “retoque parcial” da RPT. O mesmo non resolve os graves problemas estruturais que presentan os centros dependentes da área de Cultura da Consellería, xa que a mesma carece dunha mínima homoxeneidade cara a todo o persoal que presta servizos nestes centros, e que afectan a condicións tan básicas coma horarios e pluses retributivos.
Dende CSIF apostamos por unha folla de ruta que inclúa unha negociación específica na que a Consellería defina horarios de apertura, quendas e compensacións por horario especial para acadar unha necesaria igualade entre todo o persoal.
2.- Respecto da primeira das modificacións, discrepamos radicalmente da argumentación da administración para a modificación individual das condicións de traballo, xa que está fundada en datos de 2014 e non ten en conta os datos de “recuperación económica” e as perspectivas de crecemento que dende a propia Xunta se están ofrecendo.
Así mesmo, tampouco as razóns organizativas resultan cribles, toda vez que a carga de traballo dos Centros (bibliotecas) non aumentou no senso recollido na memoria xustificativa, se non que, pola contra, apréciase unha diminución global da mesma. Cuestión diferente e que os centros teñan problemas de cobertura de persoal, mais dende CSIF non estamos dispostos a que tralo sacrificio constante dos empregados públicos no período mais profundo da crise, a solución que en pleno 2017 propoña a administración sexa seguir incidindo en que a prestación do servizo deba resolverse con máis sacrificios.
3.- Igualmente amosámonos en contra do incremento dos niveis 16 a 18 con carácter xeral a cambio da inclusión da observación “horario especial”. Nun primeiro termo, por razóns eminentemente técnicas, por que se o que se pretende é retribuir especiais condicións de traballo dos postos, o seu é incrementar as retribucións mediante a elevación do complemento específico ou calquer outro mecanismo válido para ditas circunstancias (produtividade…).
Nun segundo termo, porque o incremento salarial que supón a medida (de orde de 50 euros mensuais), ven condicionado pola apertura da totalidade dos Corpos ou Escalas á observación de “horario especial”, o que realmente pode supor nun futuro próximo que a totalidade destas prazas impliquen a necesidade de prestación de servizos os sábados, xornada partida ou condicionantes similares.
Ante esta situación compartida polo resto das OO.SS., os representates da Consellería acceden a estudiar as alegacións aducidas, manifestando que existe a posiblidade de retirar a modificación se non existe apoio sindical. Unha vez presentadas por cada sindicato as condicións mínimas para acceder a negociar, a representación da Consellería comprométese ao seu estudo.
Alternativa ou subsidiariamente a aprobación desta modificación da RPT, a administración valora aperturar unha negociación específica máis ampla que comprenda tódolos aspectos plantexados dende CSIF e o resto das organizacions sindicais.