CSIF solidarízase coas vítimas dos incendios e pide á Xunta que sente a negociar un novo modelo de SPDCIF

  • O sindicato sostén que o actual modelo, que non contempla a desestacionalidade dos incendios, xa non é válido e pide que se vaia a un servicio de prevención e extinción activo ao 100% todo o ano.

Desde a Central Sindical Independente e de Funcionarios, CSIF Galicia, queremos manifestar o noso apoio e solidariedade aos nosos compañeiros dos servizos de extinción de incendios, servidores públicos que están inmersos nun traballo sen tregua para controlar e apagar a onda de incendios que arrasa Galicia e tentar salvar vidas e patrimonios. Tamén mandamos unha mensaxe de consolo para as familias e amigos das persoas falecidas e para todas aquelas vítimas que perderon os seus bens e viviron, e aínda viven, escenas de medo, tensión e dor.

Desde CSIF lembramos á Xunta de Galicia a necesidade de repensar as políticas de incendios tanto nas súas vertentes de prevención como de extinción, medidas que son necesarias e non excluíntes do traballo de investigación e detención dos delincuentes que prenderon a chama. O sindicato xa lle fixo chegar a semana pasada ao Goberno autonómico as súas impresións sobre a mala planificación e improvisación do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) xa que os picos dos incendios están cada vez mais desestacionalizados e o servizo non se adaptou á nova realidade, que non é outra que os sinistros incendiarios xa non só prodúcense no verán, polo que é imprescindible que a Consellería de Medio Rural abra unha mesa de negociación para abordar este cambio de modelo totalmente obsoleto desde hai tempo.

En CSIF defendemos que o novo modelo debe asentarse nas emerxencias, na prevención e na extinción, pero non só na extinción como pasa agora, o que implica dispor de plantillas fixas todo o ano e con condicións dignas de traballo. Non é de recibo que falemos aínda de brigadas incompletas, calendarios deficitarios ou centros de coordinación que non estean cubertos as 24 horas.

O sentido da responsabilidade do sindicato obríganos a estar a apoiar ao Goberno galego estes días de grave emerxencia e a pedir aos servidores públicos do SPDCIF que estean a disposición dos seus distritos todo o que o seu condicionantes llo permitan, pero o mesmo sentido da obrigación lévanos a esixir á Xunta que sente cos sindicatos a afrontar os novos desafíos do SPDCIF.