Alegacións da CSIF ao anteproxecto de Lei de Medidas Administrativas 2018

Alegacións da CSIF ao anteproxecto de Lei de Medidas Administrativas 2018.

Os empregados públicos da Administración da Xunta de Galicia amosamos con creces a nosa capacidade de sacrificio e solidariedade nos tempos da crise. Sacrificio e solidariedade que nos últimos cinco anos traducíronse nuns brutais recortes de dereitos laborais e de salarios impostos polo goberno da Xunta de Galicia. Así, nos últimos cinco anos, cífranse en cerca de 600 millóns de euros as retribucións que os empregados públicos deixamos de percibir (supresión do complemento específico das pagas extraordinarias e supresión do Fondo de Acción Social). E elo sen computar o deixado de percibir como consecuencia da suspensión xa no ano 2010 dos Acordos retributivos no ámbito do Sergas.

Para esta organización resulta contraditorio que mentres o Sr. Presidente da Xunta afirma que Galicia abandonou a recesión, que todos os indicadores están en verde e anima ás empresas a que incrementen os salarios, a propia Xunta siga sendo debedora dos seus empregados.

Esta organización lamenta que non se utilicen estes orzamentos para facer un recoñecemento á contribución notable e directa dos empregados públicos á recuperación económica. Que non se utilice estes orzamentos para comezar a devolver aos empregados públicos a parte do salario que durante catro anos tiveron que prestar forzosamente e sen consentimento ao goberno galego. En definitiva, esta organización lamenta que o goberno galego non faga un mínimo xesto que indique a súa vontade de devolverlle a cada un dos seus traballadores todo canto lle debe.

CSIF presenta as súas alegacións á parte do anteproxecto da Lei de medidas administrativas para o ano 2018 que lle deu a coñecer a Administración. Ditas alegacións figuran como Anexo I.

Pero CSIF, mantendo o seu compromiso cos empregados públicos reitera as alegacións ao texto do anteproxecto de Lei de medidas administrativas do ano 2017, que foron obxecto de aprobación parlamentaria posterior, para que novamente sexan tidas en conta no anteproxecto do ano 2018. Ditas alegacións figuran como Anexo II.

Anexos: