Alegacións da CSIF ao Plan de Estabilidade no emprego dos servizos públicos

Alegacións da CSIF.

Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais para o desenvolvemento dun Plan de Estabilidade no emprego dos servizos públicos.

Á vista da proposta remitida dende a Dirección Xeral de Función Pública, e sen prexuízo das que se poidan formular durante a Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, formúlanse as seguintes ALEGACIÓNS:

Primeira: Transposición literal en lingua galega dos acordos “primeiro” e “segundo” do Acordo de Mejora del Empleo Público en Madrid el 29 de marzo de 2017.

Segunda: Incorporación dunha cláusula que expresamente garanta que a determinación concreta das prazas afectadas polo Plan de estabilidade que sexan obxecto de cada un dos procesos selectivos será negociada coas organizacións sindicais asinantes do Acordo.

Terceira: Incorporación dunha cláusula que expresamente garanta que as bases de cada un dos procesos selectivos serán negociadas coas organizacións sindicais asinantes do Acordo.

Cuarta: Incorporación dunha cláusula que expresamente garanta o fomento da promoción interna, toda vez que esta non computa aos efectos de taxa de reposición.

Quinta: Modificación do apartado sétimo da proposta do Acordo, no senso de garantir que calquera extensión das medidas normativas ou Acordos acadados a nivel de Estado que amplíen o ámbito material o subxectivo do Acordo do 29 de marzo de 2017, terán efectos automáticos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexta: Inclusión dunha cláusula que garanta expresamente que o sistema selectivo será, en todo caso, o do concurso-oposición. Todo elo sen prexuízo do disposto, para o persoal laboral da Xunta de Galicia, no V Convenio Colectivo, así como as especificidades establecidas que puideran existir en outras normas, pactos ou acordos.

Sétima: Inclusión dunha cláusula que garanta expresamente que nos procesos selectivos, na fase de concurso, se valorará o máximo dos méritos.

Anexos: