CSIF, CCOO e UGT reúnense co PSdeG para defender un servizo de prevención e extinción de lumes 100% público

Xuntanza do portavoz do PSdeG-PSOE coas centrais sindicais CCOO, CSIF e UGT no Parlamento Galego para analizar a vaga de lumes que asolou Galicia.

 Os sindicatos formularon a necesidade dun servizo de prevención e extinción de incendios cen por cen público, que elimine a actual fragmentación do dispositivo, e permita dispoñer dun mando único real e efectivo.

O pasado 31 de outubro de 2017, as organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT e representantes dos traballadores do Servicio de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia (SPDCIF) mantiveron unha xuntanza de traballo no Parlamento co portavoz do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, e con deputados responsables das áreas afectadas polos incendios forestais.

Na xuntanza, cualificada como moi positiva polas organizacións sindicais, trasladouse ao grupo parlamentario socialista a necesidade dun cambio de modelo no dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais, apostando por un servicio 100% público no que a Administración preste directamente e sen intermediarios os servicios de prevención e extinción de incendios. É necesario que o 100% das contratacións se realicen directamente pola Xunta a través dás súas listas de contratación públicas.

Neste senso, dende as tres OOSS púxose enriba da mesa a necesidade de recuperar para a administración galega a totalidade das contratacións que actualmente fan os concellos e que o longo dos anos se teñen demostrado altamente ineficientes pola incapacidade das administracións locais para proporcionar a formación, capacitación e estabilidade necesaria aos seus traballadores. É necesario por tanto avanzar na especialización e a profesionalización dun servicio esencial para os intereses da Comunidade Autónoma.

O obxectivo final é evitar a desorganización demostrada na derradeira vaga de lumes e conseguir un mando único real que poda organizar de forma efectiva o dispositivo ao depender na súa totalidade, tanto funcional como orgánicamente, da Administración autonómica.

Asemade, analizouse a necesidade de rematar coa precariedade laboral que sufre unha parte dos empregados públicos do SPDCIF, redimensionando o número de efectivos e garantindo a prestación de servicios o longo de todo o ano para a totalidade dos seus traballadores.

Do mesmo xeito, os sindicatos expuxeron ao grupo socialista a necesidade de poñer coto ás impresentables taxas de interinidade no SPDCIF a través dunha consolidación real de emprego.

Pos último, os sindicatos CCOO, CSIF e UGT lamentaron a falta de vontade negociadora amosada nos por Medio Rural e seguen esperando resposta ás numerosas solicitudes de diálogo remitidas a Conselleira, Ánxeles Vázquez, para estudar as melloras necesarias no dispositivo.

 

* A pesares de ter sido invitada, non asistiu a xuntanza ningún representante da CIG. Pola contra, tres dos seus representantes asistiron, en solitario, a xuntanza que se desenvolveu a continuación entre traballadores de SEAGA e o PSOE. Cada quen que saque as súas propias conclusións…