PROCESO SELECTIVO SUBGRUPO C2 ACCESO LIBRE:
HABERÁ NOVA LISTAXE DE APROBADOS.
A falta de que a Dirección Xeral de Función Pública facilite ás OO.SSos informes emitidos dende Asesoría Xurídicae dende a propia DXFP en relación aos recursos administrativos interpostos contra deste proceso selectivo, da información trasladada polo Director Xeral de Función Pública se constata que:
1º.- Que existían unha cantidade apreciable de recursos administrativos (de Alzada ou Reposición) fronte as resolucións do Tribunal Calificador respecto a validez ou non de determinadas preguntas (en concreto a pregunta 2 do cuestionario) e sobre a validez ou non da resolución do Tribunal Calificador que decidía cambiar “ a posteriori” a nota de corte decidida nun primeiro momento.
2º Que ante estas dúbidas, a DXFP solicitou informe previo a Asesoría Xurídica Xeral, e que unha vez recibido o informe o contido do mesmo foi incorporado na resolución dos recursos administrativos.
3º Que o sentido das resolucións estimatorias dos Recursos inciden nos seguintes aspectos:
- Confirmar a anulación da pregunta número 2 do cuestionario por conter máis dunha resposta correcta.
- Anular a resolución do Tribunal Calificador que modificaba a “nota de corte inicial” e considerar valida a primeira nota de Corte, que fixaba a puntuación mínima para a superación do exercizo en nove (9) preguntas correctas.
- Retrotraer o procedemento e ordear ao Tribunal Calificador que elabore unha nova relación de aprobados de xeito que se cumplan os presupostos citados nos dous puntos anteriores.
Unha vez máis, dende CSIF insistimos na necesidade de que se articulen unhas novas instrucións que regulen o funcionamento dos Tribunais de Selección, máis garantistas para os opositores e máis limitativas da arbitrariedade dos tribunais.
Do mesmo xeito, dende CSIF volvemos a esixir a creación da figura do “Observador da Legalidade” dos procesos selectivos. Unha figura que, sin formar parte dos membros dos tribunais de selección, velen polo normal desenvolvemento dos procesos selectivos e polo cumplimento estricto das bases das convocatorias.