Reunión da comisión de seguimento do acordo para o persoal veterinario

INFORME DA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO PARA O PERSOAL VETERINARIO (8  novembro 2017)

Na reunión mantida onte, día 8 de novembro, o D.X. de Función Pública informou sobre os seguintes temas:

– Oferta de emprego público e proceso selectivo de veterinarios:

Indica que a oferta de emprego público do ano 2017 vaise negociar no mes de novembro e que está previsto que saían, aproximadamente, 25 prazas de veterinarios. Estas prazas poderían unirse ás do actual proceso selectivo en curso, sempre e cando sexa posible e o soliciten ºtodas as OO.SS. Sinala que isto implicaría a apertura dun novo prazo extraordinario para anotarse e que non afectaría as datas previstas xa que como máximo podería supoñer un mes máis.

O primeiro exercicio deste proceso selectivo está previsto que teña lugar no primeiro trimestre do ano 2018.

– Concurso de traslados de persoal veterinario:

A intención é que sexa paralelo ao desenrolo do proceso selectivo de veterinarios, de xeito que a toma de posesión coincidirá coa elección de destino correspondente.

– Consolidación de persoal laboral:

O D. X. de Función Pública Consolidación sinala que é posible que poda abordarse a segunda fase de consolidación de persoal laboral en función da negociación da oferta de emprego público do ano 2017.

– Réxime de prestación dos veterinarios da Consellería do Mar:

O D. X. Función Pública comprométese a remitir ás OO.SS. o texto relativo ao réxime de prestación dos veterinarios da Consellería do Mar, incorporando as modificacións resultado da negociación entre as organizacións sindicais e a Consellería do Mar. Indica que o seu envío será en breve e como mínimo unha semana antes da Comisión Persoal.

– Modificación do punto 3.2 do anexo I, réxime de prestacións dos SVO da saúde pública:

Debe modificarse “establecementos de sacrificio de animais de abasto” por “establecementos de carnes frescas”

A estes temas únense un listado de solicitudes de temas a tratar en vindeiras reunións, entre os que CSIF sinala:

  1. Decreto de funcións do persoal veterinario:  Existe un borrador que se pretende retomar co obxecto de rematar a negociación.
  2. Postos de veterinarios que son nivel 22 e deben pasar a nivel 24, sen esquecer que todos os postos deben ser considerados de persoal inspector.
  3. Arranxar as irregularidades detectadas na aplicación PORTAX, referido a tempos recoñecidos de traballo, en persoal laboral.
  4. Realización de avaliación de riscos laborais en tarefas de campo.
  5. Revisión do acordo referido a contías económicas ,fora das xornadas habituais de traballo, xa que permanecen sen revisar dende o ano 2008.
  6. Recoñecemento de pluses salariais de penosidade, perigosidade e toxicidade nas tarefas de campo e que sexas incluídos na próxima RPT.
  7. Desenrolo de protocolos de actuacións fronte alertas sanitarias nas distintas Consellerías.

A seguinte xuntanza será, previsiblemente, a finais do mes de novembro.

Nova relacionada: