Última hora: Chamamento de funcionarios interinos ao abeiro do decreto 37/2006

Segundo acaban de informar dende a Dirección Xeral de Función Pública, nos vindeiros días vanse efectuar os seguintes chamamentos para a cobertura de postos de funcionarios interinos:

Día 21 de novembro de 2017:  7 postos do Subgrupo A1

Chamamento para a cobertura de 7 postos vacantes do subgrupo A1, de administración xeral, nos Servizos Centrais da Xunta de Galicia

Día 22 de novembro de 2017: 123 posos do Subgrupo A2

Chamamento para a cobertura de postos para a “Mellora da empregabilidde e prospección de emprego, ao abeiro do programa de acción conxunta para a mellora da atención a parados de longa duración”.

Características dos postos:

Titulación: Xenérica.

Postos destinados en Oficinas de Emprego:

Xefatura Territorial de A Coruña: 42 postos

Xefatura Territorial de Lugo: 18 postos

Xefatura Territorial de Ourense: 18 postos

Xefatura Territorial de Vigo: 45 postos.