Reunión dos axentes forestais e medioambientais coa Administración (14/12/2017).
Reunión das catro OO.SS. con responsables da Administración: o Director Xeral de Función Pública, a Secretaria Xeral técnica da Consellería do Medio Ambiente, a Secretaria Xeral técnica de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o subdirector Xeral de Persoal de Medio Rural e o Subdirector xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais para abordar o Acordo entre a Xunta de Galicia a través das Consellerías de Facenda, Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a do Medio Rural e as Organizacións Sindicais, polo que se establece o réxime de prestación de servizos, horario, vacacións licenzas e permisos e compensacións a percibir polo persoal da escala de axentes forestais do corpo de auxiliares técnicos da Xunta subgrupo C2, e do corpo técnico de carácter facultativo da Xunta subgrupo C1, e a que percibirá o corpo de axentes técnicos en xestión medioambiental grupo B.
O Director Xeral de Función Pública leva, de novo, a voz por parte da Administración e inclúe modificacións respecto a última oferta, agás na parte económica na que non parece disposto a ofrecernos un pago xusto polo noso traballo.
En canto á proposta da Administración, destaca:
1.- Segue sen falar dos niveis, nin sequera a longo prazo.
2.- Está disposto a subir a productividade tanto no complemento específico como nas gardas, aínda que di que intentarán ir a un específico paulatino e que gran parte do acordo será en gardas, pero non aclara en que cantidades, e fala dun xeito abstracto dos 400.000 euros que eles ofrecen, dos oito millóns de euros que din que nós pedimos (o que é mentira). Finalmente, nin ata nin desata nada, polo que descoñecemos canto ofrecen.
3.- No tocante ao periodo extraordinario, mantén a súa proposta de catro meses fixos máis outros dous a aplicar, se é necesario, por necesidades do servizo.
4.- Estudará se é posible aprobar a segunda actividade e aplicala no segundo semestre de 2018. Esto afectaría a uns vinte axentes que terían máis de 60 anos nesas data, cubrindo estas prazas con novos axentes.
5.- Propón un importante cambio: que os turnos de noite pasen a ser de carácter LOCALIZABLE e non presencial…nas dúas consellerías! A día de hoxe aínda estamos a preguntarnos como van facer os axentes de Medio Ambiente para perseguir aos furtivos sen quendas de noite presenciais… En fin, o movemento da Administración está claro, o que sexa con tal de non pagarnos.
6.-En canto á formación, o director xeral di que para 2018 xa están previstos varios cursos: un de manexo de emisoras, outro de conducción de vehículos para M.A. e un para todos de aplicador de productos fitosanitarios… Vaia panochada! Cantos axentes dun colectivo de case 600 ten a necesidade de aplicar estes productos? O de sempre, nin lles preocupa preguntar ao colectivo o que necesita realmente.
En canto a nós, CSIF, solicitamos que se faga un estudio dos materiais que contén o fume dos incendios para coñecer que é o que respiramos cando estamos a traballar na extinción. A Consellería de Medio Rural comprometeuse a estudalo. Ademais, reiteramos o xa proposto:
- Subida do complemento específico ao nivel dos garda costas, é decir 200 euros aproximadamente.
- 100 euros por día de garda.
- Subida de niveis dos 14 e 16 actuais ao 18, e do 18 actual ao nivel 20 nun período de catro anos, ata 2022.
- A segunda actividade para o colectivo de Axentes.
- Aceptamos os seis meses, catro mais dous, de periodo extraordinario.
- Queremos que todo esto, a excepción dos niveis, sexa firmado con data 1 de xaneiro de 2018.
Para finalizar, e con toda a cautela do mundo no tocante a resposta final e real dos outros tres sindicatos, o avance máis significativo desta reunión foi que os catro sindicatos nos comprometemos a non firmar ningún acordo que supoña una subida do complemento específico inferior o que na actualidade cobran os axentes do servizo de gardacostas… Xa veremos se o resto dos sindicatos son quen de manterse firmes neste compromiso. O tempo porá a cada quen no seu sitio.
Quedaron en citarnos novamente, sen confirmar data de momento.