Nota informativa sobre o Plan de Estabilidade no Emprego Público

O pasado día 18 de decembro do 2017, votou a andar a Subcomisión de Seguimento do Acordo asinado entre CSIF e outras OO.SS. para o desenvolvemento dun Plan de Estabilidade no Emprego dos Servizos Públicos.

As primeiras tarefas da Subcomisión encargada do seguimento do plan no ámbito autonómico deben de ser o establecemento dun método de traballo que permita determinar cales e cantas son as prazas afectadas polo devandito Plan.

Compre lembrar que o Plan de Estabilidade abrangue tres bolsas de prazas:

  • Aquelas de carácter estrutural, que estean cubertas por un indefinido declarado non fixo por sentenza xudicial (exclusión feita das prazas afectadas polo Proceso de Consolidación do 2008 – 1º e 2ª parte). Segundo os cálculos da DXFP o número de prazas de este apartado sería de 200 prazas.
  • Aquelas prazas que consonte ao previsto na DT4ª do EBEP e dotadas orzamentariamente e dende data anterior ao 1 de xaneiro de 2005, estean ocupadas ininterrompidamente de forma interina ou temporal. Segundo os cálculos da DXFO o número destas prazas deste apartado serían de 400 prazas das cales 300 corresponderían ao persoal laboral e 100 a funcionario interino.
  • Aquelas prazas incluídas nos sectores fixados na  Lei 3/2017 de Orzamentos do Estado e que teñan permanecido cubertas de forma interina ou temporal ao menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro do 2016. Este subapartado esta pendente de su cuantificación.

Así mesmo,  dende a Administración se  comunica que de modo inmediato (probablemente tralas festas do Nadal) e unha vez se determine un método axeitado, trasladaranse á subcomisión as prazas correspondentes ao punto c).

Dende a parte social, solicítaselle ao DXFP que ditas prazas sexan remitidas mediante o sistema de Buzón de Postos, como medio máis áxil para determinar que prazas poden ser obxecto de Estabilización e que prazas non.

Igualmente, dende CSIF se solicita que a Administración remita todas as prazas que cumpran o criterio temporal, xa que o criterio de que poidan encadrarse en un sector u outro dos incluídos na Lei de orzamentos debe ser un criterio fixado de común acordo no ámbito da Subcomisión e non “a priori” dende a Administración.

Dende CSIF se solicita tamén que dende a Administración se arbitre un sistema que permita coordinar a participación dos funcionarios de carreira ou laborais fixos nos Concursos de Traslados que con carácter previo a desenvolvemento dos procesos de Consolidación poidan convocarase, coa permanencia do persoal temporal ou interno en ditos postos ata o remate dos procesos selectivos.

A DXFP amosa a dificultade de poder acadar dita coordinación, especialmente no que atinxe ao persoal interino, sendo mais receptiva a estudialo no eido do persoal laboral temporal.

Por outra banda a Administración adianta a posibilidade de que non obstante a orixe que teñan as prazas, todas aquelas que teñan unha equivalencia con Corpos e Escalas de carácter funcionarial, convocaranse nun único proceso selectivo correspondente á Escala que lle corresponda de persoal Funcionario.

Igualmente se nos comunica que a intención da DXFP e ter identificadas as prazas para que poidan ser ofertadas con motivo da OPE 2018, con previsión de publicación no primeiro cuatrimestre do vindeiro ano.

Respecto a porcentaxe de prazas que poidan saír ofertadas en 2018 e as que se deixen para a OPE do 2019, a Xunta aínda non pode facilitar ditos datos.

En calquera caso compre recordar que dado que os procesos selectivos das OPE 15, 16 e 17 aínda están sen convocar, non parece aventurado pensar que os procesos da OPE 2018 puideran acumularse aos da OPE 2019 e non ter lugar ata ben entrado o 2019.

  • CSIF, tras a experiencia dos últimos anos, non se fai responsable da veracidade das informacións vertidas polo director xeral de Función Pública nin tampouco do cumprimento dos cronogramas que facilita.