O prazo para solicitar o pase á segunda actividade está aberto ata o 31 de xaneiro

  • A pesar das mentiras dalgúns, a cláusula primeira do procedemento exclúe da súa aplicación ao persoal temporal.
  • Na CSIF poñemos a disposición dos traballadores temporais os nosos servizos xurídicos para acudir aos tribunais.

Temos que lembrar que o dereito o pase a segunda actividade acadouse no Acordo de Bombeiros Forestais e Segunda Actividade asinado pola CSIF en setembro do ano 2016. Un dereito que abranguía a todos os traballadores, fixos e temporais.

Posteriormente, no acordo do procedemento para a súa aplicación, se excluíu aos compañeiros temporais, aos que non se lles permite o pase a asegunda actividade. A CSIF non asinou dito acordo e rexeita dita discriminación.

A pesar das medias verdades ou mentiras de algúns, que negaban a exclusión dos traballadores temporais, a realidade é que o procedemento para a aplicación da segunda actividade, publicado no DOG do 29 de decembro de 2017, establece que Poden solicitar o pase á segunda actividade os traballadores fixos das categorías de bombeiros forestais…”. A mentira ten as patas moi curtas…

Por todo elo, na CSIF nos poñemos a dispor de todos os compañeiros temporais, interesados en solicitar o pase a segunda actividade, para a tramitación da solicitude e posterior presentación da correspondente demanda xudicial contra a súa denegación.

Os requisitos para ó pase a segunda actividade, ademais de ser traballador fixo, son:

  • Cumprir o ter cumpridos xa no ano 2018 os 60 anos de idade
  • Non estar acollido a xubilación parcial
  • Comprometerse a xubilarse a idade legalmente establecida ou, de ser maior de 65 anos, no prazo dun ano despois de concedida a segunda actividade.

Do mesmo xeito, estamos tamén a dispor do compañeiros fixos interesados na segunda actividade para axudar na tramitación das súas solicitudes.