No Diario Oficial de Galicia do 2 de xaneiro publícase o Plan de formación da EGAP para o ano 2018 (➡ consulta aquí), que recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).
Asemade, no DOG do 2 de xaneiro tamén se publican as seguintes resolucións:
- RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2017 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 ➡ Consulta aquí
- RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2017 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. ➡ Consulta aquí