Pleno do comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Política Social

Pleno do comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Política Social en Santiago (venres, 26 de xaneiro 2018).

Trataronse os seguintes puntos:

1.-Valoracións psicosociais.

1.1 En canto á valoración psicosocial do CAPD, CSIF fai constar que o problema mais importante do resultado da enquisa reside na administración do centro, un problema xa coñecido, sabemos que a nova directora fixo reunións con tódolos departamentos do centro.

1.2 En canto á valoración psicosocial da Residencia de Maiores de Oleiros, CSIF fai constar que é a enquisa co resultado de risco mais elevado ca media nacional especialmente no departamento de enfermería o que supón que é imprescindible adoptar medidas ao respecto. Sabemos que non se fixeron reunions por departamentos tal e cómo se acordou na reunión do grupo de traballo sobre o resultado final da enquisa.

Debido a ausencia de información das medidas adoptadas polos dous centros, se vai a constituir o grupo de traballo para facer un seguimento no mes de febreiro.

1.3 En canto á valoración psicosocial de centro de menores San Xosé de Calasanz, o resultado é satisfactorio.

1.4 En canto á valoración psicosocial da residencia de maiores de Pontevedra se detectan maiores problemas no departamento de enfermería e gobernantía, a Xefa Territorial de Pontevedra comenta que teñen intención de dar os días que se deben ao personal (ap e compensacións) derivados da falta de cobertura e da plantilla insuficiente.

2.- Calendario de actuacións para os estudios de riscos psicosociais no 2018.

Se establece o seguinte:

  • Residencia de maiores da Pobra do Caramiñal.
  • Residencia de maiores da Estrada
  • Residencia de maiores da Milagrosa.
  • Residencia de tempo libre de Panxón.
  • E.V.O de Torrecedeira.
  •  Residencia de maiores de Burela.
  • Centro de menores Santo Anxo de Rábade.

Se dará comenzó no mes de febreiro e se irán desernvolvendo ao longo do ano 2018.

3. – Programa do servizo de prevención de riscos laborais.

O servizo de Prevención entrega aos membros do Comité do programa de actuación sobre prevención de riscos laboráis para o ano 2018.

4. – Informe do estado das obras previstas para a residencia de maiores de Oleiros e residencia de maiores de Pontevedra.

En canto as obras de Oleiros (escrito enviado por CSIF o 19/10/2017), ao longo do ano 2018 se reformará o segundo andar incluído o chan da cociña que será cambiado por un chan de vinilo antideslizante (aproximadamente en seis meses), actualmente se está a cambiar o forno poñendo un sistema de extracción que solucione o problema de condensación.

O chan das distintas unidades se empezará a cambiar una vez finalizadas as obras do segundo andar, se irá modificando por sectores de xeito que se ocasione o menor trastorno posible tanto para os usuarios como para o persoal. Se prevé a realización das obras ao longo de 2/3 anos.

En canto as obras de Campolongo, se ten previsto instalar un túnel de lavado con un sistema de extracción, en relación as descargas eléctricas que sufre o persoal de lavandería na manipulación dunha secadora, se vai a enviar un electricista a valorar a situación e comprobar a gravidade do problema.

Na residencia Porta do Camiño se empezarán as obras en breve co cambio das ventanas, hai un proxecto de cambio de cuberta pero mais adiante.

5. – Información sobre a bacteria “klebsiella pneumoniae”

En relación a este tema, CSIF manifesta que os centros non dispoñen de áreas de illamento igual que teñen no CRAPD de Vigo, están a utilizarse as áreas de coidados especiais e no caso de Volta do Castro dúas habitacións individuais.

É importante o emprego de medidas de protección universais así cómo dispor do material necesario para a manipulación de residentes con illamento.

CSIF solicita maior colaboración entre SERGAS e Política Social no control e manexo dos illamentos. Non podemos aceptar que cando un usuario dun centro chegue ao servizo de urxencias o persoal que o acompaña se entere de que esa persoa ten activado por medicina preventiva un protocolo de illamento a falta de comunicación está a crear alarma social no persoal dos centros que teñen dúbidas do rigor no manexo dos casos.

6. – Varios:

Ante a intensidade e o incremento de agresións (verbais e físicas) por parte de familias de usuarios e usuarios con patoloxía mental CSIF solicita:

  • Actuacións ante as condutas agresivas de familiares, non podemos aceptar cómo válido a cesión a chantaxes para obviar o problema xa que esto ocasionaría unha falta total de autoridade do persoal e agravaría mais si cabe o problema.
  • É necesario establecer un horario de visitas de acordo a actual situación dos centros, así mesmo é fundamental o manexo de este tipo de condutas por persoal formado en mediación de conflictos.
  • Solicitamos un protocolo para o manexo de usuarios con patoloxía mental que están a ingresar nos nosos centros, tamén é fundamental a ubicación sectorizada de este tipo de usuarios así cómo a súa atención por persoal debidamente formado ( saúde mental é unha especialidade da enfermería).
  • Tendo en conta que o ingreso se debe a un acordo entre a Consellería de Política Social e SERGAS, solicitamos unha estreita colaboración no tratamento e seguimento dos usuarios con patoloxía mental.