Resumo da reunión mantida o día 31 de xaneiro entre as OOSS e o Director Xeral de Emerxencias con motivo da formación para os Axentes Forestais/Medioambientais durante o ano 2018.
Inicia a reunión o Director Xeral indicando que mañán se aprobará a formación no Consello Reitor da AGASP.
Cursos a impartir no primeiro semestre do 2018.
Específicos para axentes:
- Curso sobre leis de caza e pesca. Destinatarios, preferentemente axentes de CMAOT. Solicitamos que se substitúa esta curso polo de ‘Técnicas forenses criminalística e policía científica aplicadas á investigación de delitos contra a fauna salvaxe’.
- Redacción de dilixencias, actas e informes.
- Defensa verbal e resolución de conflitos no ámbito forestal.
- Condución de vehículos todo terreo.
Abren a convocatoria para participar axentes nos seguintes cursos:
- Xornada formativa para o control da Vespa asiática.
- Apoio psicolóxico e manexo de estrés en situacións críticas de emerxencia e catástrofe (estudarán a posibilidade de facelo específico para axentes)
- Caza e pesca con especial referencia a furtivismo (conxunto ca policía local). Solicitamos que se refundise co curso de caza e pesca.
Os citerios comúns de selección son por orde de inscrición e do 60% para axentes de MR e do 40% para os de CMAOT, salvo os cursos específicos de medio ambiente que terán preferencia os axentes de dita Consellería .
Cursos a realizar na EGAP:
- Aplicación de sistemas de información xeográfica ARCGIS.
- Manexo de técnicas de dispositivos de orientación básica.
- Control sobre o terreo de axudas forestais.
- Formación en inspección de sanidade vexetal.
Cursos pendentes de orzamento da Consellería de Medio Rural:
- Dirección de grandes lumes.
- Investigación de incendios forestais.
- O papel do axente medioambiental coma axente da autoridade.
Este é un bo inicio na demanda formativa que levamos pedindo dende fai tantos anos, pero o obxectivo é a definición dun plano ou itinerario formativo estable planificado e orzamentado.
Asistentes á reunión:
Por parte da administración:
-Director Xeral de Emerxencias.
-Subdirector Xeral de Emerxencias.
-Xefe de Servizo de Formación.
-Xefa de Sección de Formación.
-Xefe de Servizo de Coordinación da Consellería de Medio Rural. -Xefe do Servizo Xurídico da CMAOT.
-Representantes das catro OOSS.