No DOG de hoxe, 6 de febreiro, se convocan os cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 e CELGA 4, que poden ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que o fagan no ano natural da convocatoria.
Os cursos 1 e 4 impartiranse na modalidade de teleformación, e os 2,3 e 4 impartiranse na modalidade presencial.
O prazo para facer as solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte da publicación deste anuncio no DOG.
Lembra, se tes algunha dúbida, consulta co teu delegado/a sindical.