NOTA INFORMATIVA: COMISIÓN DE PERSOAL 28.02.18.
Na data de referencia, celebrouse Comisión de Persoal,na que como puntos de maior interese se sometía a votación distintas ordes de Convocatorias de Procesos Selectivos, tanto de Corpos Xerais, nas súas quendas de acceso libre ou promoción interna, coma diversas Escalas (Finanzas/Informática).
I PROCESOS SELECTIVOS.
I.1 ALEGACIÓNS DA CSIF NAS MESAS DE NEGOCIACIÓN.
Os procesos comezaron a negociarse en xaneiro coa remisión dos primeiros borradores.
O elevado número de ordes a negociar, a premura que impoñía a necesidade da pronta convocatoria dos procesos– compre recordar que eran prazas acumuladas dende a OPE 2015- e a posición inicial da Administración cuns borradores “herdados”·de convocatorias anteriores que non soamente non melloraban, se non que empeoraban os contidos dos programas e exercicios, circunstancias que non facían presaxiar nada bo.
Dende CSIF, e unha vez recollidas e sistematizadas todas as alegacións que envíachedes os afiliados e compañeiros (dende aquí compre agradecervos a vosa colaboración) deixamos clara a postura da organización, que sen prexuízo das particularidades de cada procedemento selectivo, fundamentábase nos seguintes puntos:
- Racionalización de probas e temarios, facendo fincapé en erradicar o abusivo uso da memorística.
- Obxectivación das probas mediante a xeneralización e emprego de exames tipo Test no maior número probas posibles.
- Efectuar ditos exames tipo test mediante temarios conformados por Anexos Lexislativos e non Temas abstractos (foi a alegación mais solicitada).
- Liberación de materia unha vez superadas as primeiras probas, de xeito de non ter que preparar toda a materia da oposición en todos os exames.
- Esixencia de Concurso Oposición para todas as probas.
- Na promoción interna, computo da antigüidade por meses en non por anos e aumento da mesma ata o máximo posible; nota de corte predeterminada nas Convocatorias.
- Nas Escalas de Finanzas, á vista dos pobres resultados de cobertura de prazas nos últimos procesos, solicitouse arbitrar un sistema que evite que constantemente queden as prazas sen cobertura.
I.2 MELLORAS SUBUSTANCIAIS NOS PROCESOS
Pois ben, pese a como se ten comentado a posición de partida non era a mellor, o certo e que mediante unha serie de reunións (Mesas e Mesas Previas), a administración foi aceptando pouco a pouco unha cantidade moi importante das alegacións presentadas por CSIF.
Cremos importante resaltar, que a diferencia ao que ten acontecido nestes últimos anos (case que unha década) a administración foi receptiva ás ideas de mellora plantexadas, por primeira vez acadouse nesta materia unha verdadeira negociación mais ala de simples aspectos puntuais, e dende o noso punto de vista, conseguíndose unha mellora sen precedentes no deseño dos procesos selectivos.
Facemos especial fincapé que dende o ano 1995 (excepción feita dos procesos extraordinarios da OPE 2008), as principais e case que exclusivas novidades nestes procesos consistían en volcar sen ton ni son as novidades lexislativas aos Programas e aumentar e aumentar o nivel de esixencia, número de temas a esixir e número de probas a realizar.
O anterior non resulta impedimento para constatar que quedan moitas cosas que facer e que na negociación non se puido acadar o 100% dos obxectivos plantexados. Algún por imperativo normativo (o sistema de oposición ven determinado polo Decreto que aproba a OPE), outras por decisión da Administración (non aceptar a nota de corte predeterminada ou non retirar os exames de desenvolvemento). Mantémonos alerta e firmes para que ditas melloras poidan incorporarse en futuras convocatorias, e mesmo na inminente negociación da próxima OPE 2018.
Por estas razóns, e dada a importancia destes avances, a CSIF, que tantas veces criticou e denunciou a falta de negociación e o inmobilismo da DXFP, votou a favor na totalidade das Ordes de Convocatoria.
II. AVANCES CONCRETOS SEGUNDO PROCESOS SELECTIVOS.
II.1 ACCESO LIBRE C2
As dúas probas serán tipo test. 1º Teórico (80 preguntas) e 2º Informática (20 preguntas).
Se substitúe un temario de 30 temas para o primeiro exercicio por un Anexo lexislativo que conten 17 normas acoutadas.
II.2 ACCESO LIBRE A2
Se cambia a estrutura do proceso, coas seguintes melloras:
- O primeiro exercicio test teórico que esixía un ámbito de coñecemento de 85 temas teóricos, se esixe agora sobre un Anexo Lexislativo de 25 normas acoutadas. O contido de ditas normas non se esixira de novo no seguinte exercicio.
- O segundo exercicio, test práctico que esixía un ámbito de coñecemento de 56 temas teóricos se esixe agora sobre 4 materias transversais (Administrativo, Contratación, Persoal, Xestión Orzamentaria). Igualmente o aspirante poderá acudir ao exame apoiado con textos legais, a diferenza da proposta orixinal que non o permitía.
- O terceiro exercicio, de tema de desenvolvemento que esixía un ámbito de coñecemento de 99 temas teóricos queda reducido a 4 bloques temáticos que abranguen 53 temas teóricos.
II.3 ACCESO LIBRE A1
Se cambia a estrutura do proceso, coas seguintes melloras:
- O primeiro exercicio test teórico que esixía un ámbito de coñecemento de 92 temas teóricos, se esixe agora sobre un Anexo Lexislativo de 28 normas acoutadas. O contido de ditas normas non se esixira de novo no seguinte exercicio.
- O segundo exercicio, test práctico que esixía un ámbito de coñecemento de 72 temas teóricos se esixe agora sobre 4 materias transversais (Administrativo, Contratación, Persoal, Xestión Orzamentaria). Igualmente o aspirante poderá acudir ao exame apoiado con textos legais, a diferenza da proposta orixinal que non o permitía.
- O terceiro exercicio, de tema de desenvolvemento que esixía un ámbito de coñecemento de 132 temas teóricos queda reducido a 5 bloques temáticos que abranguen 82 temas teóricos.
II.4 PROMOCIÓN INTERNA C2
Se produce un aumento das preguntas no test coa elevación proporcional de tempo para a súa realización, pero o Anexo Lexislativo que se esixe se reduce considerablemente ao eliminarse varias normas sobre administración electrónica, protección de datos e acoutarse outras de xeito importante tales como o V Convenio de Persoal Laboral ou a norma referente á contratación Pública. Igualmente se reduce a materia esixible respecto das Leis 39/2015 e 40/2015.
O tempo de antigüidade na fase de Concurso, tomarase por meses en lugar de anos.
II.5 PROMOCIÓN INTERNA C1
As dúas probas serán tipo test. 1º Teórico (90 preguntas) e 2º Practico (35 preguntas). o Anexo Lexislativo que se esixe se reduce considerablemente ao eliminarse varias normas sobre administración electrónica, protección de datos. Eliminase igualmente o EBEP e acoutarse outras de xeito importante tales como o a LOFAXGA, o V Convenio de Persoal Laboral ou a normas referente á contratación Pública ou a Lei de Réxime Orzamentario. Igualmente se reduce a materia esixible respecto das Leis 39/2015 e 40/2015.
O tempo de antigüidade na fase de Concurso, tomarase por meses en lugar de anos.
II.6 PROMOCIÓN INTERNA A2
As dúas probas serán tipo test. 1º Teórico (100 preguntas) e 2º Practico (40 preguntas).
Se substitúe un temario de 29 temas que era esixido na súa totalidade para as dúas probas por dous Anexos Lexislativos. O test teórico prepararase sobre a base de 13 normas acoutadas e retirando do Programa a materia de Seguridade Social. O segundo test prepararse sobre 9 normas acoutadas, unha vez reducida materia sobre contratación e V Convenio.
II.7 PROMOCIÓN INTERNA A1.
Se cambia a estrutura do proceso, coas seguintes melloras:
- O primeiro exercicio test teórico se esixirá sobre un ámbito de 22 de normas acoutadas.
- O segundo test de carácter práctico, versará sobre as mesmas materias que o primeiro exercicio.
- O terceiro exercicio tipo tema de desenvolvemento se esixira sobre un ámbito de coñecemento de 37 temas en lugar dos 61 inicialmente previstos.
(Nota, faise referencia as probas do proceso, tendo en conta que en tódolos casos existe unha proba adicional de galego para aqueles aspirantes que non acrediten o nivel esixido pola normativa).
II.8 OUTROS PROCESOS.
Nos procesos das Escalas de Finanzas e como un medio de evitar que constantemente queden as prazas vacantes e sen cubrir se establece que a nota dos dous primeiros exercicios (Test e Contabilidade) poda ser conservada para o seguinte proceso selectivo, de xeito que os aspirantes que os superen poidan centrarse nunha mellor preparación das restantes probas do seguinte proceso selectivo.
Aprobouse a modificación da Convocatoria do Grupo V, cat. 001 de Camareiro Limpador, axudante de cociña, con redución de temario e melloras na fase de concurso.
III OUTROS ASUNTOS
Aprobouse a reforma puntuais das RPTS do AGADIC e da Axencia Galega de Infraestruturas, esta última con carácter de urxencia dado o volume de obras de edificación que nestes momentos xa ten encomendas a Axencia para a súa realización.