O portal da CSIF segue no 2018 a refórzase como páxina de referencia dos empregados públicos ao crecer nos dous primeros meses un 28,23% respecto o ano pasado.
A web do Herald Toupeiras, boletín independente dos empregados públicos galegos elaborado por CSIF Galicia para o sector autonómico, rexistrou no 2017 máis de 335.000 visitas ás súas informacións, o que supón un incremento dun 185% respecto aos datos do ano anterior, cando se redeseñou a páxina para facela máis visual e accesible. Cada mes, a media ascende a 28.000 consultas.
En canto ao número de visitantes únicos, entraron na web 108.700, o que representa un crecemento dun 81,7% máis que no 2016, ano no que o portal da CSIF xa se consolidou como referente informativo entre os traballadores da Administración galega.
A nova máis lida do 2017 foi a denuncia da CSIF Galicia sobre a intención do Goberno de Mariano Rajoy de querer impor o despedimento forzoso de interinos e temporais pasados 3 anos do contrato ou nomeamento e sobre os efectos desta decisión na comunidade galega, sendo esta a primeira denuncia en España sobre o tema. Ademais, tamén foron especialmente seguidas as novas sobre os procesos selectivos e oposicións e sobre os posicionamentos do sindicato. Así mesmo, entre os contidos fixos con máis seguidores mes a mes atópase o boletín News Semanais para o sector Autonómico, onde se recolle toda a actualidade na función pública.
Respecto ao 2018, consolídase ao alza este aumento do interese polas publicacións do Herald Toupeiras xa que só nos meses de xaneiro e febreiro o aumento de visitas respecto a 2017 foi do 28,23%, con 85.644 consultas.
Desde CSIF Galicia queremos agradecer o seguimento e o interese dos empregados públicos polas novas e seccións da nosa web, así como a súa participación e interaccións co noso sindicato a través das redes sociales:
Se queredes recibir de xeito puntual as novas do Herald Toupeiras, podedes inscribiros na mesma web ➡