Nota informativa: Novas de Función Pública da Mesa Xeral do 20.06.18

Na Mesa Xeral celebrada hoxe, 20 de xuño do 2018, o director xeral da Función Pública, trasladou as seguintes informacións

1.- PROCESO SELECTIVO DE VETERINARIOS

Traslada os datos do primeiro exercicio, facendo constar entre outros datos que:

O primeiro exercicio foi superado por 123 aspirante dos 602 matriculados para cubrir as 55 prazas convocadas.

Deses 123 aspirantes, 90 aspirantes posúen tempo traballado como interinos ou temporais/indefinidos na Administración Autonómica.

Dende CSIF trasladamos que dado o carácter “sui generis” desde proceso (ao ser un proceso asimilable a procesos de consolidación ao participar aspirantes que foron despoxados da súa condición de funcionarios de carreira debido a erros cometidos pola Administración), non resulta asumible a escasa “ratio” de aspirante que superaron o primeiro exercicio. Correndo o risco de que de seguir nesta liña a fase de concurso quede totalmente desvirtuada, tal e como xa aconteceu en procesos de consolidación de infausto recordo.

E por iso que, ante a proximidade dos procesos de Estabilización, instamos á DXFP a tomar nota destes erros e disfuncións cara a un correcto desenvolvemento das convocatorias extraordinarias que veñan a negociarse nos vindeiros meses.

2º.- II ACORDO DE ESTABILIDADE.

O director Xeral espera que unha vez rematado o prazo de alegacións (próximo venres 22 de xuño), poida procederse a sinatura desde acordo que ven de universalizar os procesos de estabilización a tódolos sectores, ao marxe de implementar outras melloras retributivas ou incluír o fin dos descontos por IT.

3º CONCURSOS DE TRASLADOS

A previsión da DXFP é convocar os Concursos de funcionarios (tanto de Corpos Xerais como Especiais) despois do verán e unha vez rematada a negociación de tódalas RPT (faltan a RPT de Mar e de Vicepresidencia, xa en negociación así como as, Medio Rural e as das Secretarias Xerais da Presidencia).

A este respecto o director manifesta a súa intención de deslindar a negociación dos criterios xerais das Bases de Funcionarios da dos criterios xerais das Bases de Laborais para poder acometer as convocatorias dos Concursos de Funcionarios á maior brevidade posible, tendo en conta que de momento non hai proposta para convocar os concursos de Persoal Laboral.

4º COMISIÓNS DE SERVIZO

O director xeral comprométese a estudar a proposta de CSIF para evitar que se deneguen Comisións de Servizos ao persoal funcionario de carreira para a continuación e de maneira incomprensible e contraria aos principios xerais da Función Pública ofertar ditas prazas por listas de Contratación Temporal. Co sistema actual, se da a paradoxa que o funcionario interino ten acceso a unha praza de nivel e o funcionario de carreira ten que quedar no posto base, o que constitúe un auténtico despropósito.

5º PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN

Se está a espera de asinar o II acordo de Estabilización no ámbito da Xunta (xa asinado en Madrid) para poder remitir os buzóns de postos actualizados consonte aos novos e mais amplos criterios.

6º.- CRONOGRAMA DE PROCESOS.

CSIF solicita a función pública unha data aproximada respecto dos exames de promoción interna de Camareiro/Limpador e de Auxiliar de Enfermería, así como unha data de publicación das listas de admitidos no proceso de ditas categorías en Acceso Libre. Se responderá na próxima Mesa.

7º.- ORDE DO DÍA DA MESA XERAL

Acometeuse unha negociación puntual da RPT da Consellería de Economía, Industria e Emprego debido a uns erros materiais producidos na negociación da mesma que quedan subsanados e se da saída por fin (despois dunha longa espera de mais de 5 anos) ao Concurso do Persoal da Lei 17/89.

CSIF amosase en contra da estruturación do Concurso en dúas fases e esixe a incorporación de unha serie de prazas excluídas sen motivación suficiente do proceso por parte da Consellería de Sanidade.

Santiago de Compostela, 20 de xuño do 2018