Novas sobre a reunión para abordar a RPT de Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza

RESUME XUNTANZA RPT VICEPRESIDENCIA E C.PRESIDENCIA, AA.PP E XUSTIZA (03-09-2018):

Respecto das alegacións presentadas, na nova documentación que nos achegan, facilítasenos –a modo de resume- os seguintes cambios efectuados:

  1. Engadido horario especial ó posto do rexistro de nova creación.
  2. Eliminadas formacións específicas 020 (coñecementos informática nivel usuario) que saian nos listados.
  3. Modificación das formacións específicas 640 e 641 (grao coñecemento idioma galego).
  4. Creación de posto para persoal subalterno Grupo V, cat. 003 (oposición de persoal con discapacidade intelectual).
  5. Amortización de posto de LIMPADOR/A de código PR.C99.10.000.001.36001.155, de 4 h/día nos Edificios Xudiciais de Pontevedra e incremento en 1 hora a catro dos outros postos desas dependencias.
  6. Revisión de AREAS FUNCIONAIS de postos e eliminación naqueles con forma de provisión Libre Designación.
  7. Cambio de posto na Secretaría Xeral Técnica, dende Subd. Xeral de Coordinación de Servizos Transversais á Vicesecretaría Xeral.
  8. Cambio de postos na Dirección Xeral de Xustiza, dende a Sub. Xeral de Medios da Administración de Xustiza á Subd. Xeral de Persoal da Administración de Xustiza.
  9. Cambio de forma provisión en posto PR.C02.00.004.15770.018 “Habilitación de Gastos” (para concurso) e en posto PR.C02.00.005.15770.070 “Xefatura Servizo Prevención de Riscos Laborais” (para Libre Designación)
  10. Revisión de corpos/escalas en todos os postos de prevención de riscos laborais.

Dende CSIF, respecto das modificacións efectuadas pola Administración, manifestamos que obedecen case que en exclusiva a erros da propia proposta pero sen presentar avances nin dar resposta ás propostas formuladas por esta organización sindical, polo que seguimos insistindo e mantendo as alegacións achegadas, matizando ó respecto as seguintes cuestións:

  • Respecto dos postos de traballo con forma de provisión por LD en virtude dos criterios establecidos na Resolución de Facenda de 25-02-2016, se ben é certo que determinados postos concretos, en virtude dos referidos criterios –como por exemplo custodia de datos especialmente sensibles como os referidos ó acoso laboral ou violencia de xénero- estarían xustificados, seguimos entendendo que se fai unha aplicación moi xenérica e excesiva na aplicación destes, cando a excepción debería ser precisamente a norma xeral neste tipo de provisión. Porén, solicitamos unha nova revisión e acoutamento do elevado número de postos de traballo que se recollen nesta proposta con esta forma de provisión excepcional.
  • Respecto da homoxeneidade das retribucións dos condutores do parque móbil da Vicepresidencia que reiteramos dende esta central sindical, avogamos que no caso de entender que pode precisarse dun tempo maior para esta negociación en concreto, instamos a que se recolla en acta  o compromiso de comezar un proceso negociador específico para este colectivo. A esta proposta súmanse outras OO.SS.
  • Respecto da amortización de postos de traballo seguimos considerando que non está xustificada nin motivada na memoria a supresión de ditos postos. No referido ós postos de limpador, a pesar da supresión dun posto vacante e a súa redistribución das horas correspondentes no incremento horario doutros postos para un só caso concreto e deixando o resto de PT en simples amortizacións, dende CSIF seguimos solicitando un estudo conciso e pormenorizado que poida establecer a posibilidade da agrupación do número de horas nunha xornada completa e a súa delimitación por áreas xeográficas e/ou territoriais para todos os postos de limpador obxecto destas amortizacións. A esta proposta súmase outra OO.SS.
  • En canto ós criterios establecidos respecto do acoutamento na apertura de prazas a só xeral ou especial, e neste último caso, a dúas escalas como máximo previa xustificación, solicitamos aclaración respecto desta instrución facilitada pola D.X de Función Pública, e que en todo caso, se recolla na memoria explicativa a súa xustificación e motivación, pois dende CSIF rexeitamos este procedemento por ir en conta da carreira e a mobilidade dos funcionarios e restrinxir o acceso ós postos de traballo.
  • Tamén solicitamos aclaración respecto da alegación complementaria presentada por esta organización o 3-07-2018 respecto de dous postos de traballo adscritos á D.X de Emerxencias e Interior (inspectores de xogo) que carecen do incremento do complemento específico na mesma contía que o resto de postos que co mesmo nivel si o teñen incrementado. Dende a Administración infórmasenos que, respecto deste asunto, prevese unha revisión con carácter xeral en toda a Xunta. Dende CSIF, non compartimos esta proposta, por entender que a revisión desta disfunción debe efectuarse na propia RPT afectada.
  • Ademais, seguen sen atenderse outras moitas propostas, tales como a inclusión de determinados pluses en postos de traballo derivados de sentenzas xudiciais firmes, a proposta dunha solución homoxénea para o persoal dos rexistros, etc.

Tras esta reunión, os representantes da Vicepresidencia informan que é previsible que se leve a cabo unha nova xuntanza froito das novas consideracións efectuadas.

Seguiremos informando.