Información facilitada por Función Pública na Comisión de Persoal 12 de febreiro de 2019:
I.- EXECUCIÓN DOS PROCESOS SELECTIVOS XA CONVOCADOS
O DXFP manifesta que as listaxes definitivas dos Procesos Selectivos de Corpos Xerais, xa convocados, se farán públicas nas próximas semanas.
Manifesta que unha vez vencido o prazo establecido nas convocatorias, os primeiros exercicios de ditas convocatorias terán lugar nos seguintes meses:
- Mes de abril: procesos de Acceso Libre
- Mes de maio: procesos de Promoción Interna e Grupo V, Camareiro Limpador.
II.- CONVOCATORIAS DIMANANTES DAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO PENDENTES DAS OEP 2016 e 2017. ACUMULACIÓN á OPE 2018.
No mes de febreiro someteranse a negociación na correspondente Mesa de Negociación os seguintes Corpos o Escalas correspondentes a ditas Opes, que tamén conlevan, en certos supostos, a acumulación coas prazas que foron ofertadas na OPE 2018
Nun primeiro bloque e durante o mes de febreiro:
- Corpos/Escalas de Saúde Laboral do ISSGA (tanto Corpo Xerais coma Especiais)
- Escala Auxiliar de Clínica (incluíndo as ofertadas como Categoría IV.003)
- Persoal Incendios. Escala de Bombeiro Forestal. (Incluídas a Ofertadas como Grupo IV. 033)
- Escala de Estatísticos, Subgrupos A1 e A2
- Escala de Letrados.
No mes de abril, tocáralle o “turno” ao Resto dos Procesos Ofertados e no 2016 e 2017, coa acumulación de prazas da OPE 2018, de ser o caso. O DXFP mencionou como exemplo a Escala de Veterinarios.
Preguntado por si convocará tódalas prazas da DT 10ª ofertadas nestas tres últimas OPES, a súa resposta e de que “non”, que tan só convocará aquelas prazas Grupos e Categorías da DT 10 que poidan acumularse a procesos que teñan prazas Ofertadas de Acceso Libre ou Estabilización.
Así mesmo e con carácter xeral quedan excluídas destes dous primeiros “Grupos” de convocatorias todos os Corpos/Escalas/Grupos ou Categorías que teñan procesos xa convocados e publicados e estean pendentes de resolución.
Como excepción á excepción fai mención novamente á Escala de Veterinarios por ser un procesos que aínda sen rematar, xa ten finalizada a fase de oposición estando pendente únicamente do Concurso.
III.- OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2019
O DXFP manifesta a intención da Administración de publicar (se é posible) e negociar (en calquera caso) a OPE 2019 antes do remate do primeiro trimestre deste ano.
IV.- CONCURSO DE TRASLADOS
Respecto do Concurso de Traslados de Corpos Xerais, manifesta que empezarase a negociar a convocatoria en canto remate ou este a punto de rematar a tramitación da RPT da Consellería do Medio Rural e tamén as RPT’s da Secretaría Xeral da Presidencia e do ISSGA. Non da unha data aproximada.
En calquera caso, antes de presentar o borrador da Convocatoria á Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, o director Xeral de Función Pública comprométese a ter rematada a negociación do Decreto de Provisión de Postos de Traballo do persoal funcionario (actualmente en fase negociación), así como as Instrucións para a fixación dun Baremo Xeral para os Concursos de Traslados.
NOTA IMPORTANTE:
CSIF non se fai responsable da veracidade das informacións facilitadas polo director xeral de Función Pública. Así mesmo, tampouco se fai responsable do cumprimento dos cronogramas facilitados polo director xeral de Función Pública. Nestas novas simplemente servimos de correa de transmisión aos empregados públicos das informacións facilitadas, sen ter ningunha outra responsabilidade.