Última hora: convocatoria consolidación DTº10

Función Pública acaba de remitir ás OO.SS o borrador da convocatoria do grupo V-003 polo que pretende convocar as 3 prazas afectadas pola DTª10 do vixente convenio colectivo.

O Director Xeral, anunciara no día de onte, que só convocaría aquelas prazas que puidese fusionar e acumular coas prazas da OPE 2018. No día de hoxe remite a convocatoria das prazas da Consolidación da DTª10, incumprindo o manifestado tan só con 24 horas de antelación.

Tras este precedente, parece evidente que no mes de abril, visto o visto, comezará a convocatoria do resto de categorías afectadas pola referida DTª10, abocando (tal e como se formula) a centos de despidos encubertos a través duns “procesos de consolidación ficticios” para persoal afectado

Así, Función Pública, tras o “famoso pacto concertado” con CCOO e UXT, pretende proceder á convocatoria destes procesos extraordinarios traicionando e enganando, unha vez máis, a todos os traballadores e traballadoras,  sen negociar, previamente, á elaboración dun decreto de consolidación, á redución dos temarios, á negociación específica do baremo e un longo etc, convocando ditos procesos nas mesmas condicións e análogas características que os procesos de acceso libre.

Dende CSIF seguiremos defendendo e avogando, tanto sindical como xurídicamente, por un proceso con plena seguridade xurídica e acorde as particularidades deste proceso.