Novas de Función Pública (6/03/2019): carreira profesional e procesos selectivos

NOVAS DE FUNCIÓN PÚBLICA (6 de marzo de 2019)

CARREIRA PROFESIONAL: Réxime extraordinario Grao I

Inclúese no ámbito subxectivo o funcionario de carreira da Lei 17/89 das Escalas de Atención Primaria e Especializada, tal e como se ten reclamado dende CSIF.

Neste primeiro procedemento permitirase facer a solicitude en formato papel e non só en sede electrónica.

En resposta ás interpelacións da CSIF, o Director Xeral de Función Pública manifesta:

  • Función Pública incluirá no ámbito subxectivo da carreira ao persoal que se atope en situación de excedencia por coidado de fillos ou coidado de familiar.
  • Función Pública estudará unha solución para aqueles funcionarios que non posúen o requisito de formación. En principio, para aqueles funcionarios que teñen destinos en núcleos de poboación illados.
  • A pesar de que o Acordo de concertación é conscientemente confuso, no caso de funcionarios que promocionaron internamente, o tempo de permanencia no subgrupo inferior computará no subgrupo superior.

A intención de Función Pública é a de publicar a orde no DOG no mes de marzo e tratar de facer o maior número de pagos na nómina do dito mes (xusto antes das eleccións sindicais do persoal funcionario), coa parte acumulada dos meses de xaneiro a marzo. E todo elo coa pretensión de que CCOO e UGT poidan “vender” a excelencia do Acordo de concertación. Acordo que, como xa denunciou CSIF, é o peor dos asinados en todos os sectores da Xunta de Galicia.

PROCESOS SELECTIVOS

O Director Xeral de Función Pública ratifícase nas informacións facilitadas en datas pasadas. En consecuencia:

  • Acceso Libre: 2ª semana de abril para os subgrupos A1, A2, C2 e Camareiras/Limpadoras
  • Promoción Interna: 2ª semana de maio.
  • O nomeamento dos Tribunais efectuarase esta semana.

NOTA IMPORTANTE:

CSIF non se fai responsable da veracidade das informacións facilitadas polo director xeral de Función Pública. Así mesmo, tampouco se fai responsable do cumprimento dos cronogramas facilitados polo director xeral de Función Pública. Nestas novas simplemente servimos de correa de transmisión aos empregados públicos das informacións facilitadas, sen ter ningunha outra responsabilidade.