Novas sobre a RPT da Consellería de Política Social

​O día 21/06/2019 mantivemos unha reunión de modificación/incremento da RPT da Consellería de Política social.

A Secretaria Xeral Técnica manifesta que é unha RPT pequena sen dotación orzamentaria en capítulo I, xa que non estaba contemplado ningún incremento para esta consellería, é consciente das necesidades dos centros e amósase favorable a unha ampliación da RPT da Consellería  de Política Social paro o exercicio seguinte.

A postura de CSIF é positiva na conversión das medias xornadas a xornadas completas, pero solicitamos que se faga extensivo ao resto das provincias que tamén teñen este tipo de contratos, e do mesmo xeito, aos contratos de fin de semana xa que claramente son contratos precarios; a Consellería de Política Social é unha Consellería altamente feminizada e cunha proporción de postos de traballo en precario preocupante.

Esta proposta non palía as necesidades de persoal dos nosos centros, hai que engadir que debido ao incremento no ingreso de usuarios con patoloxías mentais severas agrava esta situación de necesidade, xa que a “ratio” na atención de usuarios con patoloxías mentais non é a mesma ca nun centro de maiores. Tamén manifestamos a nosa preocupación polo elevado número de adaptacións de posto, que van en aumento, xa que non poden ser considerados efectivos reais, e polo tanto, hai que incrementar persoal nas categorías afectadas naqueles centros que teñan esta problemática.

Trasladamos tamén a necesidade de persoal nos Equipos de Valoración e Orientación de Discapacidades (EVO), a falta de persoal afecta nas tramitacións dos expedientes, que se dilatan no tempo, aumentando o tempo de espera para as persoas que están nunha situación de saúde desfavorable.

Estamos a favor da creación de postos de traballo, con matices, como é o caso do posto base de subgrupo A1 na Xefatura Territorial de Lugo co requisito de titulación Lic/Grao en dereito co  que non estamos de acordo, así como a apertura de posto de axudante/a secretario/a ó persoal doutras administracións.

Opoñémonos  ás amortización dos postos de traballo, xa que non deixa de ser unha destrución do emprego, nalgúns caso como o praza de xefe de Administración na Casa da Xuventude de Carballo cuberto ata de agora  en comisión de servizos.

Trasladamos a situación dos funcionarios das unidades administrativas dos centros desta consellería que están asumindo tarefas e responsabilidades a pesar de que sexan dun nivel base.

⇒Prazo para presentar alegacións ata xoves  27 de xuño

 

 

 

 

Categorías RPT