Previsión da publicación no DOG do Concurso de traslados do persoal funcionario Lei 17/1989

Infórmannos que está previsto que o próximo xoves, 27 de xuño se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/excluidos e a resolución provisional da 1ª fase do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes á escala de saúde pública e administración sanitaria.

As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as así como as puntuacións provisionais e destinos provisionais asignados publicaranse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Os/as concursantes admitidos/as disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais.