Mesa Xeral de Empregados Públicos: Concurso traslados e varios Acordos

En pleno periodo vacacional e cando a inmensa maioría dos empregados públicos están a desfrutar das súas vacacións, a Dirección Xeral de Función Pública ven de convocar Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos coa seguinte Orde do Día:

Día: 01 de agosto de 2019

Hora: 10:30 horas

Lugar: EGAP (Aula Manoel Colmeiro)

  1. Proposta de Resolución do día …… de 2019 da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Administración da Comunidade Autónoma da Galicia.⇒Borrador Bases Concurso
  2. Proposta de addenda ao acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT sobre o persoal laboral da axencia galega de infraestruturas.⇒Documento
  3. Proposta de actuacións a desenvolver entre a administración e as organizacións sindicais relativas ao persoal laboral da gardería fluvial da entidade publica empresarial Augas de Galicia⇒Documento
  4. Proposta de actuacións a desenvolver entre a administración e as organizacións sindicais relativas ao persoal laboral do grupo v categoría 9: vixiantes de recursos naturais da conselleria de Medio Ambiente Territorio e Vivenda.⇒Documento