Alegacións específicas de CSIF as convocatoria de procesos selectivos nas escalas de enfermaria, traballo social, educador e terapeuta ocupacional

Alegacións concretas de CSIF as convocatorias de procesos selectivos nas escalas de enfermeria, traballo social, educador e terapeuta ocupacional (acumuladas OPES 2017-18-19)

I.- ALEGACIÓNS CONCRETAS DE CARÁCTER XERAL.

I.1. SOBRE O TIPO DE PROBAS

Solicitamos que todas as probas sexan tipo test ao fin de rematar coa falta de obxectividade e abuso da doutrina da discrecionalidade técnica que se esta a producir nesta Administración.

O exame test resulta o mais obxectivo e axeitado para determinar os coñecementos dos aspirantes. O seu uso esténdese dende probas MIR ou similares ata para acceder ás mais prestixiosas universidades do mundo, polo que non entendemos a negativa constante da Xunta en rexeitar dito tipo de proba.

Subsidiariamente solicitamos que:

Os Exames de desenvolvemento e práctico sexan substituídos por Exames de Preguntas Curtas de resposta automática e valorizadada aritmeticamente na convocatoria.

Como segunda petición subsidiaria, se solicita que, de persistir a Administración nos exames tipo desenvolvemento, os mesmos sexan situados como 1º Exercicio en lugar de último, sendo o exame tipo Test teórico o último exame a efectuar polos aspirantes. (coñecemento de lingua galega aparte

I.2 TEMARIOS .

1º .- Os test teóricos se efectuaran sobre a base de Textos Normativos e non sobre a base de Anexos baseados en Temas.

2º Para o caso de persistir os exames tipo desenvolvemento, solicitamos novamente que ditos programas e Anexos sexan desenvolvidos mediante temarios elaborado e publicados pola EGAP con antelación suficiente (4-6 meses) ao inicio das probas, así como que estean actualizados.

3º Os anexos deberán ser proporcionais no numero de temas en función dos grupos. Neste sentido cabe alegar que os temarios propostos carecen de racionalidade e sistemática e se limitan a ser unha mera colección ou compilación lexislativa, carente do mais mínimo rigor..

Dende CSIF esiximos unha liberación de materia lexislativa básica no primeiro exame e concreción nos temarios no que respecta aos segundo e terceiros exercicios.

Polo que se refire ás normas de dereito positivo, fixarase como norma xeral que sexan esixibles aquelas que conten con publicación oficial na data de publicación da Convocatoria, para evitar que os cambos normativos de última hora afecten ou que penalizan aos opositores e que estes podan dar por pechado o seu temario, con tempo suficiente para acometer o exercicio.

I.2 ALEGACIÓNS CONCRETAS AOS TEXTOS COMÚNS DAS ORDES

1º.-Base I.1.1.

Sinálese que as prazas reservadas para as persoas con discapacidade que queden desertas non se acumularan ás de acceso xeral.

Dado que o grao de cobertura destas prazas esta en torno ao 33% na Administración da Xunta de Galicia, e se ben esta OOSS se postula como é de sobras coñecido a favor da inserción das persoas con discapacidade, solicítanse dous extremos.

1º A obriga por parte dos Tribunais de Selección de acudir ás medidas de discriminación positiva legalmente existentes para implantar o corte diferenciado e aumentar a porcentaxe de cobertura de dita quenda.

2º A convocatoria de Procesos Independentes unha vez se acumulen un número mínimo a determinar pola Administración, de prazas non cubertas

Base I.2.1.2.Titulación.

Solicitase aclaración sobre as titulacións esixidas e cal é a motivación de que nalgúns casos se limite a titulación (Traballo social), noutros se inclúe unha cláusula xenérica habilítante –“titulación que habilite para o exercicio da profesión de…(Enfermería/Terapia Ocupacional)- e noutro caso se inclúen mas titulacións específicas (educadores).

Base I.2.1.3. Ámbito da promoción Interna.

A redacción actual da Base soamente permite unha promoción interna de carácter horizontal ao Persoal Laboral, e por si fora pouco, con carácter restritivo.

Entendemos que restrinxir o acceso a promoción interna por unha mera cualificación do posto na RPT é contrario a ordenamento xurídico.

Por outra banda esiximos que se permita a promoción interna vertical (a chamada promoción interna cruzada) dende os Grupos de Titulación de persoal laboral inmediatamente anteriores ao Grupo ao que se accede.

O persoal laboral da Xunta leva moitísimos anos esperando a que se convoquen os procesos selectivos para poder acceder á promoción interna. O dereito á promoción ven recollido no Convenio do persoal laboral;

Non ten ningún sentido vedar dito dereito a traballadores que pertencen ao mesmo ámbito de traballo

Nese sentido cabe salientar que nas recentemente convocadas probas de Auxiliar de Clínica si se permite dita promoción interna cruzada, “Pertencer como persoal funcionario de carreira ao corpo da actual agrupación profesional de persoal subalterno da Comunidade Autónoma de Galicia ou ter a condición de persoal laboral fixo do grupo V da Xunta de Galicia” (ORDEN 20 Febreiro de 2019, pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2) polo que resulta aínda mais difícil de entender o dobre criterio mantido pola Administración respecto dun persoal o doutro.

O mantemento do referido criterio suporía unha discriminación irracional, inxusta e inxustificable, a aínda mais tendo en conta que as últimas convocatorias de oposicións para o persoal laboral destas categorías foron nos anos 2005-2007 polo que o persoal laboral fixo veuse imposibilitado na súa promoción interna..

Base I.2.2.7 Restrición de Participación.

Dubidase da legalidade desta Base. Se intúe que a intención da administración e negar o acceso a esta categoría por ser categoría que se funcionarizará na Escala obxecto da convocatoria. Pero mentres que os aspirantes non pertenzan a dita Escala dende CSIF enténdese que non se lles pode negar a participación no proceso como se xa foran funcionarios da escala obxecto da convocatoria.

Base II.1. Data límite de modificación das normas.

Enténdese que a data do nomeamento do Tribunal é demasiado cércana á data do exame para acometer “ex novo” o estudo da lexislación que xurda do cambio normativo. Por iso proponse que dita data sexa a data de Convocatoria ou subsidiariamente a data de publicación da listaxe de admitidos con carácter definitivo.

Base II. Proceso Selectivo.

A maior abastanza do alegado na parte xenérica compre salientar que conforme á ORDE do 15 de xaneiro do 2019 pola que se aproba o acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG nº 19 de 28 de enero de 2019), e na súa Sección Primeira: mellora do emprego público e das condicións de traballo, na súa aliña quinta sinálase que

“A fase de oposición consistirá, con carácter xeral, en exames tipo test.”

Non existindo ningunha razón que xustifique a excepcionalidade nas presentes convocatorias, CSIF solicita que se aplique o sistema selectivo que a continuación se desenvolve.

II.1 Fase de Oposición

OPCIÓN A)

1º Exercicio Test Parte Xeral

Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, de parte Xeral

Efectuarse obre a base de Textos Normativos e non sobre a base de Anexos baseados en temas.

O cuestionario conterá ademais cinco (3) preguntas de reserva

Cada pregunta do cuestionario conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta.

O exercicio terá unha duración máxima de 40 minutos.

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de dez (10) puntos.

Dita puntuación mínima de 10 puntos quedará fixada no aspirante ou aspirantes que obtivesen unha puntuación igual á resultante da media dos presentados, unha vez excluídas o 20% das puntuacións das puntuacións mais altas e o 20% das puntuacións mais baixas..

Este exercicio test examinara o coñecemento por parte do aspirante das normas de dereito positivo, polo que en aras á concreción, acotación e obxectividade da proba enténdese que o sistema de Anexo Lexislativo, xa empregado en moitas convocatorias desta Administración e proposta na Promoción Interna deste mesmo ano: Non existe unha soa razón obxectiva para que o Acceso Libre e a Promoción Interna teñan programación diferente, e mais aínda cando moitos aspirantes preparan promoción interna e acceso libre ao tempo.

Ao remate da proba cada persoa aspirante obterá unha copia das súas respostas.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A realización deste exercicio non terá lugar antes dos dez (10) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

2º Exercicio. Test Parte Específica.

Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 90 preguntas tipo test, propostas polo tribunal, da parte específica.

O cuestionario conterá ademais (5) preguntas de reserva

Cada pregunta do cuestionario conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta.

O exercicio terá unha duración máxima de 120 minutos.

O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos.

Dita puntuación mínima de 20 puntos quedará fixada no aspirante ou aspirantes que obtivesen unha puntuación igual á resultante da media dos presentados, unha vez excluídas o 20% das puntuacións das puntuacións mais altas e o 20% das puntuacións mais baixas..

Ao remate da proba cada persoa aspirante obterá unha copia das súas respostas.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

 

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A realización deste exercicio non terá lugar antes dos dez (10) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

Neste exercicio, analizarase o nivel de coñecemento dos aspirantes respecto da materia que non ten carácter marcadamente positivista, que non resulta transversal, e que non ten un carácter básico ou troncal, senón que é materia concreta do Corpo o Escala e analizando un coñecemento mais xenérico da mesma

Respecto a fixación previa da nota de Corte, trátase dun sistema (dos moitos) que existen en base a “percentil” e utilizada por numerosas Administracións Territoriais (a título de exemplo, cabe citar convocatoria subalternos comunidade valenciana, na “Orden 1/2019, por la que se convocan pruebas selectivas de acceso subalterna, para el personal de la administración de la generalitat”; Convocatoria pinches da Comunidade de Madrid, “Resolución de 7 de febrero de 2019, por la que se convocan pruebas selectivas para el acceso a la condición de personal estatutario fijo en la categoría de pinche;” Convocatorias subalternos Aragon. “Resolución de 28 de mayo de 2018, de la dirección para el acceso a la condición de personal estatutario fjo en plazas de la categoría de celador

A mesma serve para asegurar o cumprimento dos criterios de mérito y capacidade e ao mesmo tempo asegurar que a fase de concurso, tratándose os procesos en cuestión de procesos de estabilidade, ten plena efectividade e non queda baleirada de contido.

Base II.1.1.3. Manténse a redacción proposta pola Administración.

OPCIÓN B

Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cen (100) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, das que vinte (20) preguntas corresponderán á parte común do programa, e oitenta (80) á parte especifica.

O cuestionario conterá ademais cinco (5) preguntas de reserva, das cales unha (2) corresponderá á parte común do programa, e tres (3) á específica, substituíndo ás preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.

Cada pregunta do cuestionario conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta.

O exercicio terá unha duración máxima de centro corenta (140) minutos.

O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quinte (15) puntos.

Dita puntuación mínima de 20 puntos quedará fixada no aspirante ou aspirantes que obtivesen unha puntuación igual á resultante da media dos presentados, unha vez excluídas o 20% das puntuacións das puntuacións mais altas e o 20% das puntuacións mais baixas..

Ao remate da proba cada persoa aspirante obterá unha copia das súas respostas.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A realización deste exercicio non terá lugar antes dos dez (10) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito un ou varios supostos prácticos tipo test, cun máximo de trinta e cinco (35) preguntas, da parte especifica, con catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta.

O cuestionario conterá ademais dúas (2) preguntas de reserva,

O tempo máximo de duración deste exercicio será de setenta (70) minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos.

Dita puntuación mínima de 15 puntos quedará fixada no aspirante ou aspirantes que obtivesen unha puntuación igual á resultante da media dos presentados, unha vez excluídas o 20% das puntuacións das puntuacións mais altas e o 20% das puntuacións mais baixas..

Ao remate da proba cada persoa aspirante obterá unha copia das súas respostas.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles e máximo de corenta (40) días hábiles dende o remate do exercicio anterior.

Terceiro exercicio: consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta, máis tres (3) de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.

Base II.1.3.10. Solicitase a seguinte redacción alternativa, para o suposto de non estimarse a alegación referente que a totalidade dos exercicios sexan tipo test.

“En todo caso, excepción feita dos exames de corrección automatizada, o Tribunal Cualificador, en reunión previa ao comezo da corrección dos exercicios deberá deixar constancia en Acta dos contidos mínimos necesarios exixibles para a acadar a puntuación mínima, con mención dos criterios de corrección, o método de aplicación dos referidos criterios, os criterios de ponderación para asignar as puntuacións parciais e as fontes de coñecemento no que se sustenta a referida corrección.”

Fase II.2. Fase de Concurso.

Solicítase a seguinte valoración alternativa.

II.2.1. Promoción Interna

II.2.1.1. Antigüidade

Puntuación máxima: 33 puntos.

II.2.1.2. Formación

Puntuación máxima: 4 puntos.

  1. 2.2.1.Acceso Libre

OPCIÓN A

  1. a) Experiencia Profesional: Puntuación máxima 37 puntos (sobre 40)

a.1. Tempo de servicios prestados na Xunta de Galicia, en calquera postos de natureza funcionarial ou laboral do mesmo Corpo, Grupo o Escala á convocada, valoraranse a razón de 0,20 puntos por cada mes de servicio.

a.2.Tiempo de servicios prestados en calquera outra Administración Pública, en calquera postos de natureza funcionarial ou laboral do mesmo Corpo, Grupo o Escala á convocada, se valorarán a razón de 0,20 puntos por cada mes de servicio.

valoraranse a razón de 0,10 puntos por cada mes de servicio

  1. b) Formación: 3 puntos.

OPCIÓN B

Por cada mes completo de servicios prestados nun Corpo/Escala/Grupo ou categoría obxecto da convocatoria ou equivalente, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral na Xunta de Galicia ou resto de Corpo/Escala/Grupo ou categorías equivalentes no resto de Administracións Públicas de España ou resto de Países de la Unión Europea/EEE: 0,20 puntos.

  1. b) Por cada mes completo de servizos nas administracións públicas no exercicio das funcións de como técnicos de grado medio de (educador/terapeuta ocupacional/enfermeiro/traballo social) 0,10 puntos.

Puntuación Máxima: 37 puntos.

  1. b) Formación: 3 puntos.

Fundamentación:

As prazas convocadas son para desenvolver o seu posto de traballo nos distintos centros da Admón. da Xunta de Galiza e non só nas residencias ou centros asistenciais. Así, se ben e certo que a categoría de Enfermeiro/a ten a maioría dos seus postos nas residencias de maiores, pola contra os terapeutas están nas unidades de dependencias e un mínimo número nas residencias. Os educadores/as están localizados nos centros de menores, nos equipos de intervención de Familia, nos centros de educación especial, nos centros de atención a persoas con discapacidade… Os traballadores sociais, un mínimo número ten o seu posto nas residencias ou centros socias e a maioría están nos equipos de intervención de Familia, nos xulgados-equipos de menores-, no IMELGA, nas oficinas da Dependencia e nas de Valoración da discapacidade.

Polo tanto, non hai indicador obxectivo que sustente esta distinción na puntuación.

Así, alegamos contra a distinta puntuación outorgada en beneficio daqueles opositores que acrediten a súa experiencia profesional nas residencias ou centros asistenciais.

E por iso que solicitamos que a puntuación á experiencia sexa a mesma con independencia do centro de traballo no que desenvolvese o seu contrato.

Bases II.2, III.12 e IV.1. Solicitase refundilas nunha única base co seguinte tenor literal

“A cualificación do proceso e a orde de prelación de aspirantes virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición e na fase de Concurso. Así mesmo, o resultado final da fase de oposición virá determinado pola suma das puntuacións obtidas en cada un dos exercicios da devandita fase e terá que ter en conta o peso específico que cada un dos exercicios ostenta no proceso selectivo segundo o establecido na Bases

O tribunal non poderá propoñer acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. A proposta que contradiga o disposto nesta base será nula de pleno dereito.

Base III.5. Engadir “o persoa que o substitúa”.

Base III.6: Engadir “Instrucións de 11 de abril do 2007, relativa ao funcionamento e actuación dos Tribunais”

Base IV.3. Require de aclaración se esa base, refírese soamente a promoción interna. En calquera caso a excepción debe estenderse a todo aspirante no que a documentación de que se trate, obre xa en poder da administración.

III.- ALEGACIÓNS ESPECIFICAS AOS TEMARIO

III.1º. SUBSTITUCIÓN DOS TEMAS POLO SEGUINTE ANEXO LEXISLATIVO.

  1. Constitución española de 27 de decembro de 1978.
  2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.
  3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: Títulos Preliminar, I, II, III, IV, V.
  4. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: Título Preliminar: cap I, cap. II (agás subsección 2ª da sección 3ª), cap. III, cap. IV, cap. V e cap. VI.
  5. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: Títulos Preliminar, I e II.
  6. Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.
  7. V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (capítulos I ao V).
  8. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servicio das administracións públicas.
  9. Decreto Lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Títulos II e IV.
  10. Real decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, capítulo V sección 1ª e capítulo VIII do título I e título II.
  11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

III.2º PARTE ESPECÍFICA DOS TEMARIOS.

III.2.1 TERAPEUTA OCUPACIONAL

Se solicita a eliminación dos temas: 4, 6, 7, 10, 11, 19, 25, 26, 27, 28, 29 y 30.

De modo acumulativo ou subsidiario, se solicitan as seguintes modificacións:

Tema 1: Debería limitarse o contido deste tema a Título preliminar e primeiro.

Tema 3: A redacción é ambigua, propoñemos a seguinte: “A valoración de dependencia. Real Decreto 174/2011 de 01 de febreiro, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia”.

Tema 5 debería dividirse en dous, xa que trata sobre dous conceptos sen relación entre eles. Por un lado: “Definición de terapia ocupacional. O desenvolvemento da terapia ocupacional en España” debería estar incluído no Tema 4, e o resto   “Lei de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas de Galicia”, ser un único tema que englobe o Título I e II.

Tema 6: Suxerimos anulalo por estar incluído implicitamente noutros temas nos que se aborda a intervención do terapeuta ocupacional.

Tema 7: “Marco de traballo para á práctica da terapia ocupacional da AOTA. Directrices de aplicación da terminoloxía uniforme. Ética e deontoloxía da terapia ocupacional”: Proponse que Ética y deontoloxía da terapia ocupacional sexa un tema único y que a supresión das Directrices de aplicación da terminoloxía uniforme por estar en desuso e ser o Marco de traballo para la práctica da terapia ocupacional a referencia actual.

Tema 8 Debería reducirse a: “Abordaxes de intervención en terapia ocupacional: promoción da saúde, restauración, mantemento e prevención da discapacidade”.

Tema 10: “Marcos de referencia na disfunción física: biomecánico, neurodesenvolvemento cognitivo-perceptivo. Marcos de referencia aplicados na disfunción psico-social: conductual, cognitivo-conductual, psicodinámico yehumanista”. Solicítase pola súa extensión a división en dous temas.

Tema 11: “Modelos propios de terapia ocupacional: MOHO, modelo canadiano do desempeño ocupacional, modelo da discapacidade de Allen, modelo de Ayres, modelo de Kielhofner, modelo de funcionamento ocupacional de Trombly, Outros modelos en desenvolvemento: Reed&Sanderson, Reilly, M.” Resulta necesario reestruturar este tema y non repetir modelos (MOHO e modelo de Kielhofner son o mesmo).

Igualmente é outro tema de inabordable polo que sería necesario dividilo en dous o incluso 3 temas.

Temas 13 y 14: Tratan da mesma temática. Deberían refundirse nun só tema. “Avaliación en terapia ocupacional. Diferencias entre avaliación e valoración. Avaliación inicial, durante e ao termo do tratamento. Obxectivos ao final do do tratamento. Obxectivos e planificación del tratamento“.

Tema 25 debería eliminarse. A hemiplexía é unha das secuelas máis frecuentes que poden padecer as persoas afectadas por accidentes cerebro-vasculares e traumatismos cranio-encefálicos, tratados xa no tema 22.

Tema 26 “Intervención no doente con trastorno de ansiedade” debería eliminarse por estar incluído implicitamente no tema 20. “Intervención da terapia ocupacional nas patoloxías de saúde mental” e tamén deberíase especificar os trastornos del estado de ánimo aos que se refire (depresión, trastorno bipolar, trastorno de ansiedade, disteima, etc.).

Tema 28 “…Síndrome de Down” debería formar parte do tema 21 “Terapia ocupacional na discapacidade intelectual”, xa que en todo el temario valóranse conxuntos das patoloxías, no existe ningún outro tema que trate unha patoloxía concreta individualmente.

Tema 31: debería limitarse a “Órtesis prótese. Concepto, clasificación, funcións e mecanismos de acción. Criterios de selección”. O resto do tema: “Axudas técnicas para o coidado persoal, alimentación, fogar, ocio e tempo libre, material escolar e informático”, sería mais axeitado que formasen parte do tema 16 “Axudas técnicas…”.

Tamén é necesario en todo o temario substituír o termo “axudas técnicas” por o termo “produtos de apoio” por ser o termo actual para denominalas.

III.2.2 EDUCADORES

A meirande parte dos temas, carecen de concreción, xuntando nun mesmo tema, o contido de temas distintos.

Sendo tan xerais, dificulta, tanto por la extensión dos mesmos (32), como polos sub temas que se inclúe en cada tema,

Noutras convocatorias de técnicos de servicios sociais, cada lei esixida é un tema específico, o que non permite marxe á posible interpretación subxectiva de cada opositor.

Non é o que acontece neste temario. A título de exemplo:

“TEMA 8. “Socialización e desenvolvemento na infancia e na adolescencia. A intervención socioeducativa con menores con necesidades educativas especial”

Acumúlanse dous temas nun solo.

TEMA 6. O/A menor como suxeito/a de dereitos concepto e evolución histórica Lexislación actual.

Esta redacción implica un abanico de leis que que desenvolven dereitos do menor sin dúbida inasumible para o opositor. Soamente este tema requiriría a lectura de centos de artigos que desenvolven os dereitos to menor, dende todos los ámbitos, saúde, educación, servicios sociais, protección menor, Unión Europea, dereitos humanos, Discapacidade, ,…

Por tanto, sería necesario unha establecer concrecións e limitacións da materia en cada tema.

ALEGACIONES ESPECÍFICAS CONVOCATORIAS ESTABILIZACION OPE SOCIAL