Alegacións concretas de CSIF as convocatoria de procesos selectivos de corpo xeral, escala de veterinarios; escala de ciencias especialidade de bioloxía.
I .-ALEGACIÓN DE CARÁCTER XERAL
Reiterase a alegación xeral, xa solicitada para as anteriores convocatorias:
RETIRADA DE LOS BORRADORES DE LAS CONVOCATORIAS, por los argumentos xa expresados con motivo das alegacións as Escalas e Especialidades de Traballo Social, Educación, Enfermería e Terapeuta Ocupacional.
De modo concreto, das 8 prazas de veterinarios que se convocan como Consolidación da DT4º, compre salientar que ditas prazas deben de ser reservadas ao proceso de Consolidación regulado pola DT10 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galicia, toda vez que as mesas teñen Sentenzas declarativas do dito Dereito.
II .-ALEGACIÓNES ESPECIFICAS.
I.1. SOBRE O TIPO DE PROBAS
Solicitamos que todas as probas sexan tipo test ao fin de rematar coa falta de obxectividade e abuso da doutrina da discrecionalidade técnica que se esta a producir nesta Administración.
O exame test resulta o mais obxectivo e axeitado para determinar os coñecementos dos aspirantes. O seu uso esténdese dende probas MIR ou similares ata para acceder ás mais prestixiosas universidades do mundo, polo que non entendemos a negativa constante da Xunta en rexeitar dito tipo de proba.
Subsidiariamente solicitamos que:
Os Exames de desenvolvemento e práctico sexan substituídos por Exames de Preguntas Curtas de resposta automática e valorizadada aritmeticamente na convocatoria.
Rexeitamos de modo tallante a diferenciación do tipo de Proba en virtude unicamente do Grupo de Titulación.
Mesmo formato de Exame: Os grupos de titulación superior, terán que basear a súa maior dificultade nun maior numero de preguntas e nun temario mais amplo, pero en ningún caso o dereito a redución de temarios e probas derivado dos acordos pode significar que os procesos de estabilización teñan unha estrutura diferente. O formato dos procesos deberá ser similar en todos os Grupos.
I.2 TEMARIOS .
1º .- Os test teóricos se efectuaran sobre a base de Textos Normativos e non sobre a base de Anexos baseados en Temas.
2º Para o caso de persistir os exames tipo desenvolvemento, solicitamos novamente que ditos programas e Anexos sexan desenvolvidos mediante temarios elaborado e publicados pola EGAP con antelación suficiente (4-6 meses) ao inicio das probas, así como que estean actualizados.
3º Os anexos deberán ser proporcionais no numero de temas en función dos grupos. Neste sentido cabe alegar que os temarios propostos carecen de racionalidade e sistemática e se limitan a ser unha mera colección ou compilación lexislativa, carente do mais mínimo rigor..
Dende CSIF esiximos unha liberación de materia lexislativa básica no primeiro exame e concreción nos temarios no que respecta aos segundo e terceiros exercicios.
Polo que se refire ás normas de dereito positivo, fixarase como norma xeral que sexan esixibles aquelas que conten con publicación oficial na data de publicación da Convocatoria, para evitar que os cambos normativos de última hora afecten ou que penalizan aos opositores e que estes podan dar por pechado o seu temario, con tempo suficiente para acometer o exercicio.
I.2 ALEGACIÓNS CONCRETAS AOS TEXTOS COMÚNS DAS ORDES
- Normas Xerais.
Na convocatoria de veterinarios o desglose das prazas (75) no coincide co total de prazas convocadas (67)
1º.-Base I.1.1.
Sinálese que as prazas reservadas para as persoas con discapacidade que queden desertas non se acumularan ás de acceso xeral.
Dado que o grao de cobertura destas prazas esta en torno ao 33% na Administración da Xunta de Galicia, e se ben esta OOSS se postula como é de sobras coñecido a favor da inserción das persoas con discapacidade, solicítanse dous extremos.
1º A obriga por parte dos Tribunais de Selección de acudir ás medidas de discriminación positiva legalmente existentes para implantar o corte diferenciado e aumentar a porcentaxe de cobertura de dita quenda.
2º A convocatoria de Procesos Independentes unha vez se acumulen un número mínimo a determinar pola Administración, de prazas non cubertas
Base I.2.1.2.Titulación.
Entendemos, salvo mellor criterio, que a Base da Titulación na convocatoria de Biólogos debe estar redactado consonte ao
Base I.2.2.8 Restrición de Participación.
Dubidase da legalidade desta Base. Se intúe que a intención da administración e negar o acceso a esta categoría por ser categoría que se funcionarizará na Escala obxecto da convocatoria. Pero mentres que os aspirantes non pertenzan a dita Escala dende CSIF enténdese que non se lles pode negar a participación no proceso como se xa foran funcionarios da escala obxecto da convocatoria.
Base II.1. Data límite de modificación das normas.
Enténdese que a data do nomeamento do Tribunal é demasiado cércana á data do exame para acometer “ex novo” o estudo da lexislación que xurda do cambio normativo. Por iso proponse que dita data sexa a data de Convocatoria ou subsidiariamente a data de publicación da listaxe de admitidos con carácter definitivo.
Base II. Proceso Selectivo.
A maior abastanza do alegado na parte xenérica compre salientar que conforme á ORDE do 15 de xaneiro do 2019 pola que se aproba o acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG nº 19 de 28 de enero de 2019), e na súa Sección Primeira: mellora do emprego público e das condicións de traballo, na súa aliña quinta sinálase que
“A fase de oposición consistirá, con carácter xeral, en exames tipo test.”
Non existindo ningunha razón que xustifique a excepcionalidade nas presentes convocatorias, CSIF solicita que se aplique o sistema selectivo que a continuación se desenvolve.
II.1 Fase de Oposición:
Primeiro exercicio: Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento cincuenta (150) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, das que trinta (30) preguntas corresponderán á parte común do programa, e cento vinte (120) á parte especifica.
O cuestionario conterá ademais cinco (5) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderá á parte común do programa, e tres (3) á específica, substituíndo ás preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.
Cada pregunta do cuestionario conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta.
O exercicio terá unha duración máxima de douscentos (200) minutos.
O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quinte (15) puntos.
Dita puntuación mínima de 15 puntos quedará fixada no aspirante ou aspirantes que obtivesen unha puntuación igual á resultante da media dos aspirantes presentados, unha vez excluídas o 20% das puntuacións das puntuacións mais altas e o 20% das puntuacións mais baixas..
Ao remate da proba cada persoa aspirante obterá unha copia das súas respostas.
No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.
A realización deste exercicio non terá lugar antes dos dez (10) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
Segundo exercicio: Consistirá en contestar por escrito un ou varios supostos prácticos tipo test, cun máximo de cincuenta (50) preguntas, da parte especifica, con catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta.
O cuestionario conterá ademais dúas (2) preguntas de reserva,
O tempo máximo de duración deste exercicio será de noventa (90) minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos.
Dita puntuación mínima de 15 puntos quedará fixada no aspirante ou aspirantes que obtivesen unha puntuación igual á resultante da media dos presentados, unha vez excluídas o 20% das puntuacións das puntuacións mais altas e o 20% das puntuacións mais baixas..
Ao remate da proba cada persoa aspirante obterá unha copia das súas respostas.
No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles e máximo de corenta (40) días hábiles dende o remate do exercicio anterior.
Terceiro exercicio: consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta, máis tres (3) de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.
Base II.1.3.10. Solicitase a seguinte redacción alternativa, para o suposto de non estimarse a alegación referente que a totalidade dos exercicios sexan tipo test.
“En todo caso, excepción feita dos exames de corrección automatizada, o Tribunal Cualificador, en reunión previa ao comezo da corrección dos exercicios deberá deixar constancia en Acta dos contidos mínimos necesarios exixibles para a acadar a puntuación mínima, con mención dos criterios de corrección, o método de aplicación dos referidos criterios, os criterios de ponderación para asignar as puntuacións parciais e as fontes de coñecemento no que se sustenta a referida corrección.”
Fase II.2. Fase de Concurso.
Non se comprende moi ben a redacción das Bases.
Na promoción interna parece valorarse calquera tipo de servizo. Non se diferencia nin sector público ou privado, nin corpo o escala, nin Administración na que se prestan o servizo, nin o ámbito de prestación de servizo, nin o tipo de servizos prestados.
Nas convocatorias de Acceso Libre se restrinxe a experiencia profesional a Categoría I.10 o que se entende que, a lo menos na convocatoria de veterinarios tratase dun erro.
Solicitase a reformulación de ambas bases en ambos procesos.
Así mesmo non se pode valorar a experiencia en “calquera” Grupo, Corpo, Escala ou Categoría. Resulta contrario a calquera lóxica e a os principios de igualdade, mérito e capacidade.
PROPÓNSE O SEGUINTE BAREMO ALTENATIVO.
II.2.1. Promoción Interna
II.2.1.1. Antigüidade
Puntuación máxima: 33 puntos.
II.2.1.2. Formación
Puntuación máxima: 4 puntos.
2.2.1.Acceso Libre
OPCIÓN A
- a) Experiencia Profesional: Puntuación máxima 37 puntos (sobre 40)
a.1. Tempo de servicios prestados na Xunta de Galicia, en calquera postos de natureza funcionarial ou laboral do mesmo Corpo, Grupo o Escala á convocada, valoraranse a razón de 0,20 puntos por cada mes de servicio.
a.2.Tiempo de servicios prestados en calquera outra Administración Pública, en calquera postos de natureza funcionarial ou laboral do mesmo Corpo, Grupo o Escala á convocada, se valorarán a razón de 0,20 puntos por cada mes de servicio.
Valoraranse a razón de 0,10 puntos por cada mes de servicio
- b) Formación: 3 puntos.
Bases II.2, III.12 e IV.1. Solicitase refundilas nunha única base co seguinte tenor literal
“A cualificación do proceso e a orde de prelación de aspirantes virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición e na fase de Concurso. Así mesmo, o resultado final da fase de oposición virá determinado pola suma das puntuacións obtidas en cada un dos exercicios da devandita fase e terá que ter en conta o peso específico que cada un dos exercicios ostenta no proceso selectivo segundo o establecido na Bases
O tribunal non poderá propoñer acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. A proposta que contradiga o disposto nesta base será nula de pleno dereito.
Base III.5. Engadir “o persoa que o substitúa”.
Base III.6: Engadir “Instrucións de 11 de abril do 2007, relativa ao funcionamento e actuación dos Tribunais”
Base IV.3. Require de aclaración se esa base, refírese soamente a promoción interna. En calquera caso a excepción debe estenderse a todo aspirante no que a documentación de que se trate, obre xa en poder da administración.
Solicitase que se manteña o prazo de 10 meses dende a data da convocatoria a data de realización do primeiro exercicio. Non ten sentido que nun proceso de estabilización se restrinxan aínda mais os dereitos dos participantes que nun proceso de acceso libre.
III.- ALEGACIÓNS ESPECIFICAS AOS TEMARIO
III.1º. SUBSTITUCIÓN DOS TEMAS POLO SEGUINTE ANEXO LEXISLATIVO.
CONVOCATORIAS SUBGRUPO A1 (EQUIVALENTE A CONVOCATORIA DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL)
- Constitución española de 27 de decembro de 1978.
- Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: Títulos Preliminar, I, II, III, IV, V.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: Título Preliminar: cap I, cap. II (agás subsección 2ª da sección 3ª), cap. III, cap. IV, cap. V e cap. VI.
- Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: Títulos Preliminar, I e II.
- Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.
- V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (capítulos I ao V).
- Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servicio das administracións públicas.
- Decreto Lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Títulos II e IV.
- Real decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, capítulo V sección 1ª e capítulo VIII do título I e título II.
- Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
III.2 TEMARIO ESPECÍFICO DE VETERINARIOS
O Regulamento 1881/2006 polo que se fixa o contido máximo de determinados contaminantes nos produtos alimenticios: exceptúase o anexo. Os métodos de mostraxe e análises para o control de contaminantes nos produtos alimenticios establecidos nos regulamentos 401/2006, 1882/2006, 333/2007 e 589/2014.
Tema referidos a competencias do Estado, non dos Corpo de veterinarios de Xunta.
- O Regulamento (CE) nº 1333/2008, sobre aditivos alimentarios: obxecto, ámbito de aplicación e definicións, listas comunitarias de aditivos alimentarios autorizados; uso de aditivos alimentarios nos alimentos e etiquetaxe.
Competencia do Estado e Unión europea a súa autorización non competencia da CCAA.
- O Regulamento (CE) nº 999/2001 polo que se establecen disposicións para a prevención, ocontrol e a erradicación de determinadas encefalopatías esponxiformes transmisibles: disposicións xerais. Determinación da cualificación sanitaria respecto da EEB. Prevención das EET. Control e erradicación das EET. O Programa integral coordinado de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles dos animais en España. A destrución dos materiais especificados de risco en relación coas encefalopatías esponxiformes transmisibles.
- Normativa básica das agrupacións de defensa sanitaria gandeira en España e rexistro nacional delas. As agrupacións de defensa sanitaria gandeira en Galicia. Procedementos relativos ao recoñecemento, mantemento e extinción das agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG), e ao recoñecemento dos/as veterinarios/as responsables en Galicia. Programas sanitarios das ADSG en Galicia.
Varíase anualmente polo que non debe terse en conta nun temario
- O sistema informático veterinario integrado, Traces. A aplicación do sistema Traces. O modelo harmonizado de certificado e de acta de inspección para os intercambios intracomunitarios de animais e produtos de orixe animal.
Normativa de creación sen ningún concepto veterinario e o resto e manuais de traballo variables obxectivos.
- Condicións de sanidade animal que regulan os movementos intracomunitarios de équidos. Condicións de policía sanitaria aplicables aos intercambios intracomunitarios de animais non sometidos a harmonización comunitaria.
Normativa non trasposta correctamente na regulamentación española, existindo diferencias importantes na transposición.
- O Regulamento (UE) nº 142/2011, subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano: recollida, transporte e rastrexabilidade. Materias primas para alimentación animal. Normas aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano en España: recollida, transporte e identificación, documento comercial e certificado sanitario, rexistro e autorización.
- Elaboración, comercialización, uso e control dos pensos medicamentosos. O Regulamento (CE) nº 1831/2003 sobre os aditivos na alimentación animal: ámbito de aplicación e definicións. Etiquetaxe e envasado. Grupos de aditivos. Requisitos específicos relativos á etiquetaxe dalgúns aditivos para alimentación animal e premesturas.
Tratase de listado de tratamentos que non deixa de ser datos numéricos que non deben ser memorizados.
- Condicións básicas de recollida, almacenamento, distribución e comercialización de material xenético das especies bovina, ovina, cabrúa e porcina, e dos équidos.
- O Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras en España. O Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia. O recoñecemento oficial das asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia que creen ou xestionen libros xenealóxicos. Programas para a conservación, mellora e fomento das razas autóctonas de Galicia.
- Normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia.
Temas inabarcables extensos. Normativa e regulamentación demasiado ampla. Deben concretarse.
- A Lei 1/1993, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade en Galicia. O Regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade.
- Normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco en Galicia e en España. O sistema de transmisión de datos na fase de primeira venda da pesca fresca en Galicia. O control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos en Galicia. A regulación da descarga, transporte e primeira venda dos produtos pesqueiros e acuícolas dos cales non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa en Galicia.
Normativa derrogada.
- O Regulamento (UE) nº 1380/2013, sobre a política pesqueira común: disposicións xerais. Medidas de conservación. Medidas específicas. Acuicultura. Control e execución. Regulación dos tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia.
Normativa comunitaria non competencia dos veterinarios da CCAA
- Requisitos zoosanitarios dos animais e dos produtos da acuicultura, e prevención e control de determinadas enfermidades dos animais acuáticos: disposicións xerais. Explotacións de acuicultura e establecementos de transformación autorizados. Requisitos zoosanitarios para a posta no mercado de animais e produtos da acuicultura. Notificación e medidas mínimas para o control de enfermidades. O Regulamento 1251/2008 polo que se aplica a Directiva 2006/88/CE no referente ás condicións e aos requisitos de certificación para a comercialización e a importación na Comunidade de animais da acuicultura e produtos derivados e se establece unha lista de especies portadoras.
Regulamentación de desenvolvemento que so establece unha lista de datos non memorizables.
- Directrices comunitarias que fixan criterios para a realización de auditorías de acordo co Regulamento (CE) nº 882/2004, sobre os controis oficiais efectuados para garantir a verificación do cumprimento da lexislación en materia de pensos e alimentos e a normativa sobre saúde animal e benestar dos animais.
Directrices no incorporadas na regulamentación española polo que resultan subxectivas no seu contexto