Como complemento ás alegacións de carácter xerais, CSIF presentou ante Función Pública as seguintes alegacións específicas aos procesos selectivos de consolidación e estabilización de corpos xerais derivados das OPES 2017, 2018 e 2019.
I.- Alegacións concretas aos textos comúns das ordes
Base I.1.1.
Sinálese que as prazas reservadas para as persoas con discapacidade que queden desertas non se acumularan ás de acceso xeral.
Dado que o grao de cobertura destas prazas esta en torno ao 33% na Administración da Xunta de Galicia, e se ben esta OOSS se postula como é de sobras coñecido a favor da inserción das persoas con discapacidade, solicítanse dous extremos.
1º A obriga por parte dos Tribunais de Selección de acudir ás medidas de discriminación positiva legalmente existentes para implantar o corte diferenciado e aumentar a porcentaxe de cobertura de dita quenda.
2º A convocatoria de Procesos Independentes unha vez se acumulen un número mínimo a determinar pola Administración, de prazas non cubertas
Base II.1. Data límite de modificación das normas.
Enténdese que a data do nomeamento do Tribunal é demasiado cércana á data do exame para acometer “ex novo” o estudo da lexislación que xurda do cambio normativo. Por iso proponse que dita data sexa a data de Convocatoria ou subsidiariamente a data de publicación da listaxe de admitidos con carácter definitivo.
Base II. Proceso Selectivo.
A maior abastanza do alegado na parte xenérica compre salientar que conforme á ORDE do 15 de xaneiro do 2019 pola que se aproba o acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG nº 19 de 28 de enero de 2019), e na súa Sección Primeira: mellora do emprego público e das condicións de traballo, na súa aliña quinta sinálase que
“A fase de oposición consistirá, con carácter xeral, en exames tipo test.”
Non existindo ningunha razón que xustifique a excepcionalidade nas presentes convocatorias, CSIF solicita que se aplique o sistema selectivo que a continuación se desenvolve, nos Grupos I/II/A1/A2
Data de realización do primeiro exercicio debe ampliarse e non terá lugar polo menos antes dos 10 meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG
Os 3 meses dos que fala o borrador e un tempo claramente insuficiente. De novo mencionamos os procesos selectivos xa convocados. Para ambos grupos I e II se establece que a data non será antes dos 6 meses tendo en conta que neste grupos a extensión do programa é a metade da que se propón neste borrador.
II.1 Fase de Oposición (Grupos A1/A2/I/II)
Primeiro exercicio: Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento cincuenta (150) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, das que trinta (30) preguntas corresponderán á parte común do programa, e cento vinte (120) á parte especifica.
O cuestionario conterá ademais cinco (5) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderá á parte común do programa, e tres (3) á específica, substituíndo ás preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.
Cada pregunta do cuestionario conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta.
O exercicio terá unha duración máxima de douscentos (200) minutos.
O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quinte (15) puntos.
Dita puntuación mínima de 15 puntos quedará fixada no aspirante ou aspirantes que obtivesen unha puntuación igual á resultante da media dos aspirantes presentados, unha vez excluídas o 20% das puntuacións das puntuacións mais altas e o 20% das puntuacións mais baixas..
Ao remate da proba cada persoa aspirante obterá unha copia das súas respostas.
No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.
A realización deste exercicio non terá lugar antes dos dez (10) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
Segundo exercicio: Consistirá en contestar por escrito un ou varios supostos prácticos tipo test, cun máximo de cincuenta (50) preguntas, da parte especifica, con catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta.
O cuestionario conterá ademais dúas (2) preguntas de reserva,
O tempo máximo de duración deste exercicio será de noventa (90) minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos.
Dita puntuación mínima de 15 puntos quedará fixada no aspirante ou aspirantes que obtivesen unha puntuación igual á resultante da media dos presentados, unha vez excluídas o 20% das puntuacións das puntuacións mais altas e o 20% das puntuacións mais baixas..
Ao remate da proba cada persoa aspirante obterá unha copia das súas respostas.
No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles e máximo de corenta (40) días hábiles dende o remate do exercicio anterior.
Terceiro exercicio: consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta, máis tres (3) de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.
Base II.1.3.10. Solicitase a seguinte redacción alternativa, para o suposto de non estimarse a alegación referente que a totalidade dos exercicios sexan tipo test.
“En todo caso, excepción feita dos exames de corrección automatizada, o Tribunal Cualificador, en reunión previa ao comezo da corrección dos exercicios deberá deixar constancia en Acta dos contidos mínimos necesarios exixibles para a acadar a puntuación mínima, con mención dos criterios de corrección, o método de aplicación dos referidos criterios, os criterios de ponderación para asignar as puntuacións parciais e as fontes de coñecemento no que se sustenta a referida corrección.”
Base III.5. Engadir “o persoa que o substitúa”.
Base III.6: Engadir “Instrucións de 11 de abril do 2007, relativa ao funcionamento e actuación dos Tribunais”
Base IV.3. Require de aclaración se esa base, refírese soamente a promoción interna. En calquera caso a excepción debe estenderse a todo aspirante no que a documentación de que se trate, obre xa en poder da administración
Solicitase que se manteña o prazo de 10 meses dende a data da convocatoria a data de realización do primeiro exercicio. Non ten sentido que nun proceso de estabilización se restrinxan aínda mais os dereitos dos participantes que nun proceso de acceso libre.
II.- Alegacións especificas aos temarios
II.1 Subgrupos I/II/A1/A2
Efectuar redución de temario que estableza:
1º Unha redución significativa de Leis e Temas respecto da última convocatoria de Acceso Libre, xa que os temarios son substancialmente idénticos.
2º Unha redución significativa que non conculque o dereito dos aspirantes destes corpos a obter a fixeza na súa praza ao ser, con carácter xeral a esixencia respecto destes corpos, o DOBRE da exixencia no resto dos Corpos o Escalas de similar Titulación,
II.2 Subgrupo C1
Eliminar do programa os temas relativos á Unión Europea (temas 3 a 6). Subsidiariamente substituír por:
- Capítulo 2 art. 288 a 299, del Título I, Quinta Parte del Tratado de Funcionamento de la Unión Europea; y
- Capítulo III, del Título III de la CE. y Titulo III (art. 13 a 19) del Tratado de la Unión Europea.
- Título I (art. 2 a 6) Tratado de Funcionamento la Unión Europea,
Eliminar na Lei 39/2015 (procedemento administrativo) os títulos IV e V
Eliminar da Lei 40/2015 (réxime xurídico) os capítulos III e IV do título preliminar (principios da potestade sancionadora e responsabilidade patrimonial), por non ser necesaria para a realizacións de funcións correspondentes a este grupo e categoría. Eliminar da Lei de réxime financeiro o capítulo I do título III, por non ser necesaria para a realizacións de funcións correspondentes a este grupo e categoría.