Función Pública volve a insultar ao personal en precario que depende da Consellería de Facenda e pon en evidencia, unha vez, o seu desprezo pola negociación colectiva.
Elabora as bases das convocatorias que vai levar á Mesa de negociación antes de ter recibidas as alegacións dos sindicatos
O pasado 13 de noviembre Función Pública remite ás OO.SS os primeiros borradores dos procesos selectivos de corpos xerais derivados das OPES 2017, 2018 e 2019 para facer as oportunas alegacións. Para elo habilita un escaso prazo de tres días hábiles. As alegacións tiñan que estar en poder de Función Pública, improrrogablemente, o día 18 de novembro ás 14:00 horas para o seu estudo antes de convocar a Mesa de Negociación.
O día 19 de novembro Función Pública convoca unha Mesa Xeral Extraordinaria, a celebrar o día 21 de novembro, para «negociar e estudar» as alegacións formuladas polos sindicatos.
Sen embargo, a pesar de que o prazo para facer as alegacións remataba o día 18 de novembro, as bases das convocatorias que Función Pública xa tiña decidido levar á Mesa Xeral foron elaborados o 15 de novembro, tres días antes de que acabase o prazo de alegacións.
É dicir, Función Pública xa tiña elaborados os borradores definitivos que vai levar á Mesa Xeral sen ter en conta as alegacións que puideran formular as organizacións sindicais. E, polo tanto, sen ter en conta nin consideración, os dereitos e intereses do persoal que se atopa en precario e que aspira a consolidar ou estabilizar o seu posto de traballo.
A continuación podes consultar cada unha das convocatorias de consolidación/estabilización remitidas por Función Pública para a Mesa xeral extraordinaria de empregados públicos do día 21 de novembro.
Procesos extraordinarios de consolidación de persoal laboral:
Grupo I, categoría 4: A1 CONSOLIDACION GALLEGO borrador 15-11-19
Grupo II, categoría 7: A2 CONSOLIDACION GALLEGO borrador 15-11-19
Grupo III, categorías 02 e 62: C1 CONSOLIDACION GALLEGO borrador 15-11-19
Grupo IV, categoría 18: C2 CONSOLIDACION GALLEGO borrador 15-11-19
Procesos de acceso libre e estabilización de persoal funcionario:
Subgrupo A1: A1 CONVOCATORIA GALLEGO borrador 15-11-19
Subgrupo A2: A2 CONVOCATORIA GALLEGO borrador 15-11-19
Subgrupo C1: C1 CONVOCATORIA GALLEGO 15-11-19
Subgrupo C2: C2 CONVOCATORIA GALLEGO 15-11-19