Alegacións da CSIF nos procesos de promoción interna para A1 e A2

A CSIF presentou as seguintes alegacións nos procesos de convocatoria de prazas promoción interna para os subgrupos A1 e A2:

1. Na fase de oposición:

Solicítase o mantemento da nota do exercicio superado en anteriores convocatorias

A introdución dunha nota de corte predeterminada na convocatoria que evite a fase de baleiramento do concurso e a posiblidade de que non se cubran todas as prazas. Esta nota de corte está baseada en percentiles e é empregada noutros procesos selectivos doutras administracións.

Que o prazo mínimo de realización do exercicio dende a publicación da orde sexa de oito meses.

A substitución do exame de desenvolvemento do grupo A1 por un test práctico similar ao do grupo A2, con 60 preguntas de carácter práctico. Consecuentemente, solicítase a eliminación das 30 preguntas prácticas do primeiro exercicio.

Que o tempo de realización dos exercicios cumpra dos ratios de 1,5 minutos por pregunta no caso dos exames teóricos de test e de 3 minutos por pregunta no caso dos tests prácticos.

2. Na fase de concurso:

Valórase positivamente o cambio de criterio e a volta ao modelo da convocatoria anterior, co que se recupera a antigüidade máxima en 25 anos, e a valoración do grao personal e o traballo desenvolvido, sempre que neste último caso se exclúa -como parece deducirse da base- o traballo en comisión de servizo e as puntuacións se ciñan aos postos obtidos por concurso de traslados.

3. Temarios:

Tanto para o subgrupo A1 como o A2 pídese reducir e concretar os temarios. Neste documento pódense consultar os cambios propostos para os temarios.

4. Outras alegacións:

A CSIF pide tamén que se introduzan novas bases que garantan que as preguntas das diferentes probas teñen o mesmo sentido nas dúas línguas oficiais e que non se introduzan preguntas concatenadas para que o fallo dunha non signifique o fallo nas seguintes.

Podes consultar aquí o documento completo de alegacións: Documento de alegacións CSIF para A1 e A2.