Cursos de competencia ofimática da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia publica a convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. O prazo de inscrición é de 5 días hábiles dende a publicación das bases, que sairon no DOG do luns 3 de febreiro.

Os cursos, nos que hai dispoñibles 180 prazas, están dirixidos para persoas maiores de 16 anos, que deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal).

A duración dos cursos será de 12 semanas (190 horas lectivas) entre o 2 de marzo e o 24 de maio.

Poden consultarse a programación dos cursos e outra información de interese neste enlace.