Xuntanza previa á Mesa de Negociación – Convocatoria, 19 de febreiro

A Dirección Xeral da Función Pública convoca a unha xuntanza previa á mesa de negociación, que terá lugar o vindeiro mércores, 19 de febreiro ás 11.30 horas, coa seguinte orde do día:

1.- Proxecto de Orde xxxx polo que se modifica o Anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

2.- Proxecto de Resolución xxxx da Dirección Xeral da Función Pública pola que se procede á apertura do prazo para solicitar a participación nos procesos de funcionarización polo persoal que se atope en situación de excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos no sector público.