CSIF solicita a Función Pública a convocatoria da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos mediante videoconferencia para negociar o protocolo de reincorporación presencial dos traballadores.
Ante a futura desescalada paulatina do Estado de Alarma Sanitaria e, como consecuencia, a sucesiva reincorporación dos empregados públicos aos seus postos de traballo, faise precisa a implantación de medidas preventivas na orixe do risco, na vía de transmisión e na protección do traballador que, de maneira escalonada, comece a realizar as súas funcións de forma presencial. Especialmente nos centros de traballo con atención ao público masivo, a fin de evitar a dispersión e o contaxio do persoal, dos usuarios e das súas familias.
Por elo, dende a CSIF solicitamos que se convoque a Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, na modalidade de videoconferencia, aos efectos de negociar un protocolo ou instrucións de cara a reincorporación presencial do persoal da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.