Veterinarios, os profesionais esquecidos pola Xunta de Galicia na loita contra o Covid 19

A labor dos veterinarios foi determinante na erradicación de epidemias e crises sanitarias causadas, entre outras, pola peste porcina, peste equina, febre aviar, febre aftosa, rabia, etc.

Están a realizar a prestación dos servizos esenciais sen as medidas de protección adecuadas.

A infravaloración da experiencia e dos coñecementos dos Veterinarios.

Os profesionais veterinarios encóntranse nunha situación de esquecemento por parte deste Goberno para formar parte do Equipo de Expertos ou Consellos de Asesores contra esta pandemia.

A Administración infravalora a experiencia e coñecementos destes profesionais ante a crúa realidade que acaece no noso país en que os veterinarios non forman parte destes equipos colaborando para reducir os contaxios e as mortes. Dende un primeiro momento, e a través de organizacións e federacións, ofrecéronse de forma voluntaria a colaborar e participar nesta loita contra o COVID 19.  É difícil entender o despropósito polo que estes sanitarios dáselles as costas como expertos, tanto profesionalmente como socialmente, a diferenzas doutros países de primeira orde sanitaria.

CSIF lembra que, anteriormente a labor dos veterinarios foi determinantes na erradicación de epidemias e crises sanitarias causadas, entre outras, pola peste porcina, peste equina, febre aviar, febre aftosa, rabia, etc. Estes profesionais poderían axudar a conter a actual pandemia e previr rebrotes. Como expertos, manexan e valoran os distintos protocolos de contención, testaxes e saneamento das especies.

CSIF, non pretende a crítica neste momento, senón que a Administración rectifique e poña en valor a estes profesionais, coa única intención de superar nos mellores termos esta crise sanitaria.

Por se isto fose pouco, dende a CSIF denunciamos que os Veterinarios dos Servizos de Inspección Sanitaria da Saúde Pública da Concellería de Sanidade, destinados nos matadoiros de todo o territorio en Galicia, non dispoñen da protección suficiente nos seus postos de traballo, quedando expostos a un risco de contaxio do COVID-19.

A falta de dotación de Equipos de Protección Individual

A estes profesionais nin sequera se lles está dotando de máscaras cirúrxicas diariamente. Pola natureza da súa actividade nas salas de preparación dos matadoiros, as máscaras cirúrxicas perden a súa eficacia ao pouco tempo, debido ás condicións ambientais cun grao elevado de humidade, salpicaduras de sangue , etc.Non só corren o risco de contaxiarse eles, senón de contaxiar ao resto de persoal das plantas do matadoiro. Os equipos de protección individual que se lles facilitan son  escasos e ineficaces.

Dende a CSIF, recordamos que a Lei de Prevención de Riscos Laborais establece o dereito de todo traballador  a ter dereito á protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo, e que debe ser o empresario o que garanta o cumprimento deste dereito. É o empresario quen debe prestar un servizo de vixilancia periódica do estado de saúde dos seus traballadores en función dos riscos inherentes ao traballo e todos aqueles protocolos establecidos desde o inicio desta crise sanitaria.

En consecuencia, CSIF esixe a esta Administración a avaliación de riscos laborais de este colectivo de empregados públicos. Tanto pola exposición a axentes biolóxico como polo coronavirus, por ter atención directa ao público nos centros onde existe devandito risco. E así mesmo, que se dote inmediatamente dos EPIs adecuados, polo ben da saúde alimentaria, a saúde pública e polo ben dos propios traballadores Veterinarios prestando Servizos Esenciais na nosa Sanidade.