Aprazadas as oposicións ata o mes de outubro. O adiamento afecta a todos os procesos selectivos

Aínda que tarde, a Consellería da por fin unha resposta aos opositores despois das reiteradas peticións feitas por CSIF.

A pesar do anuncio formulado no día de hoxe por Valeriano Martínez, establecendo outubro como data previsible para a realización dos procesos selectivos convocados por la Consellería de Facenda, dende CSIF entendemos imprescindible que, en todo caso, se estableza un prazo mínimo de 3 meses antes da realización de calquera exercicio.

Segundo parece, o adiamento das oposicións afecta tanto aos procesos nos que aínda non se realizou ningún exercicio como aos que xa están iniciados.

A medida que dispoñamos  de máis información iremos ampliando.