Realizaranse PCR’s en todos os centros, públicos e privados, tanto a residentes como aos traballadores. Os novos ingresos, veñan de centros ou de domicilios, teñen que vir coa PCR feita.
CSIF solicita a apertura dunha mesa de negociación para a recuperación dos dereitos laborais e incremento do cadro de persoal da Consellería de Política Social.
As avaliacións de exposición a riscos biolóxicos elaborados para as residencias están baseadas na consideración do virus como categoría 2 cando actualmente o virus está considerado como categoría 3, polo tanto é preciso facer unha revisión de ditas avaliacións.
CSIF solicita a relación do persoal desprazado da propia consellería, doutras consellerías e do Consorcio; tamén se solicita explicacións á modificación de carteleiras sen darlle traslado aos respectivos comités.
Resposta da Secretaría Xeral
Persoal desprazado: Remitiran a relación do persoal desprazado.
Con respecto ás carteleiras que se implantaron como parte das medidas organizativas: Estase volvendo á normalidade como sucede na Residencia de Campolongo onde se volveu á carteleira que estaba previamente da man das organizacións sindicais.
Resposta do Responsable do Consorcio
Fixéronse quendas para evitar a rotación excesiva do persoal pero actualmente estase volvendo paulatinamente ás quendas anteriores nas residencias do consorcio, e mantéñense algúns reforzos.
CSIF pregunta polas vacacións do persoal, tendo en conta que as listaxes definitivas de contratación de persoal da Xunta de Galicia saen publicadas o día 30 de xuño. Preguntamos si a consellería non instou á Función Pública a adiar esa data, tendo coñecemento da situación de ausencia ou escaseza de persoal dispoñible en listas, concretamente nas categorías de enfermeira e auxiliar de enfermería.
Resposta da Secretaria Xeral
Se está falando con Función Pública sobre as vacacións, e sobre as dificultades da cobertura.
CSIF pregunta polos protocolos de ingreso de usuarios procedentes doutros centros e de usuarios de nova incorporación, queremos saber se se lles vai a realizar a PCR.
Resposta da Secretaria Xeral
Con respecto ao protocolo de ingreso e saídas dos residentes xa está contemplado no plan de reactivación para os centros de política social elaborado polo SERGAS que figura na páxina web. Na última fase do plan, que vai comezar en breve, as visitas vanse reanudar con normalidade. Os novos ingresos, veñan de centros ou de domicilios, teñen que vir ca PCR feita.
CSIF pregunta si se va a volver a realizar la PCR a los usuarios y persoal de todos los centros de Política Social y del Consorcio. CSIF ten coñecemento de que xa se realizaron en Volta do Castro y A Pobra.
Resposta da Secretaria Xeral
Se vai a volver facer a PCR en tódolos centros de Galicia, da Consellería, do Consorcio e da privada, tanto a residentes como a persoal.
CSIF pregunta si a consellería ten algunha previsión de un novo brote de infección por SARS-Cov-2. Solicitamos información sobre se se vai elaborar algún plan de continxencias ao respecto. Preguntamos porque no Comité clínico que se encarga de elaborar e avaliar, non só os protocolos para política social se non tamén do plan de reactivación para os nosos centros, non hai especialistas en xeriatría da consellería e esiximos a súa presencia.
Resposta da Secretaria Xeral
Se aparece un novo caso nas residencias comunicase a sanidade e a área sanitaria correspondente, que vai a seguir tendo a tutela de tódalas residencias de Galicia. Analizaríase a situación e organizaríanse as medidas oportunas: suspender visitas, suspender ingresos ou volver ao estado inicial.
Con respecto á posibilidade da presenza dun especialista en xeriatría no Comité Clínico vaino a falar co SERGAS.
CSIF solicita a relación sobre a dotación de EPIs dos centros de Política Social e do Consorcio. Esiximos a certificación do material doado e reiteramos a petición de dúas máscaras por persoal e quenda. Tamén pedimos a entrega da uniformidade.
Resposta da Secretaria Xeral
Van falar co SERGAS para trasladar esa petición de dúas máscaras por quenda e comunicarán ás respectivas Xefaturas Territoriais para que den instrucións aos centros, de forma que fagan as peticións a Clonegal contemplando esa dotación.
Con respecto ao material doado se envía a ficha técnica e o material ao SERGAS para comprobar que cumpre con tódalas especificacións.
Resposta do responsable do Consorcio
Con respecto aos EPI’s, o seu emprego está protocolarizado e a súa distribución nos centros en xeral está dimensionada ás necesidades.
CSIF solicita formación e información en coronaviurs SARS-CoV-2 e para os centros de Política social e do Consorcio
Resposta da Secretaria Xeral
Estase facendo formación nos centros de día, nos de discapacidade e ocupacionais. Despois comezarase coa das escolas infantís, preferiblemente telemática a través da EGAP.
Estase a dar formación dende o Servizo de prevención de riscos e tamén formación complementaria, centrada especificamente no COVID, por persoal médico e de enfermería. Conéctanse cada día un número limitado de centros e só dúas persoas por cada un deles.
Nas residencias non contemplan dar formación.
Resposta do responsable do consorcio
Na escolas infantís darase a formación “on line” facendo quendas nos centros, ou daráselle opción a facela no seu domicilio.