Compatibilidade do Concurso ordinario de funcionarios co Concurso específico

Non se esixirá a permanencia de dous anos no posto definitivo obtido no concurso ordinario para poder participar nos concursos específicos.

A piques de aprobarse o Decreto polo que se aproba o regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico (Decreto de mobilidade).

O  proxecto de Decreto de mobilidade, que se comezo a negociar en setembro de 2018 e que foi levado a Comisión de Persoal ao final do primeiro trimestre de 2019, está pendente de ser aprobado polo Consello da Xunta de Galicia. Dita aprobación terá lugar unha vez que pasen as eleccións ao Parlamento Autonómico.

Unha vez publicado o Decreto, comezarán a convocarse os postos que deban ser provistos polo concurso específico previsto no artigo 91 da Lei do emprego público de Galicia.

Segundo poido saber a CSIF de fontes solventes da Administración, o texto definitivo do Decreto de mobilidade introduce unha modificación con respecto ao documento aprobado en Comisión de Persoal. Esta modificación introduce un artigo polo que se  permitirá participar nos concursos específicos sen a necesidade de permanecer dous anos no posto definitivo obtido no concurso ordinario.

Non obstante, a CSIF advirte que non tivo acceso ao texto definitivo do Decreto de mobilidade e aínda que as fontes de información son solventes, dado o contexto actual de incerteza política, haberá que esperar á súa publicación.

En calquera caso, dende a CSIF recordamos que pódese renunciar a participar no presente concurso ordinario en calquera momento, ata os dez días seguintes ao da publicación das puntuacións provisionais no DOG. Así mesmo, entendese que renuncian a participar no concurso todas aquelas persoas que, tendo presentado unha solicitude de participación, non presenten solicitude de elección de postos de traballo.