Alegacións ao borrador de Protocolo de elección de destino modalidade electrónica

Alegacións formuladas pola CSIF ao Protocolo de elección de destino pola modalidade electrócnica

Tras recibir numerosas queixas de empregados públicos, advertimos que no borrador para o procedemento de elección telemática de destino respecto dos procesos de promoción interna este non permite, a diferenza da posibilidade existente na súa modalidade presencial, de que o opositor poida solicitar quedar en excedencia voluntaria por prestación no servizo público unha vez que coñeza o posto de traballo concreto e específico ao que opta no momento que se lle da a elixir o devandito posto.

Por tal motivo, dende CSIF, acabamos de remitir, sen prexuízo doutras alegacións que poidamos formular ao longo na negociación deste borrador, unha proposta que permita paliar esta diferenza e discriminación con respecto da elección de destino presencial así como á limitación dun dereito do empregado público:

Así, solicitamos que no sistema informático se introduza na columna onde figuran os postos de traballo para a súa colocación por orde de preferencia unha opción que recolla a “Excedencia voluntaria por prestación no servizo público” coa finalidade que o opositor poida introducir a numeración por orde de preferencia dos postos que desexe optar e tras destes poida tamén indicar a referida excedencia, de forma tal que a partir desta elección de excedencia xa se lle asigne á referida situación e automaticamente sexa excluído da conseguinte correlación e atribución dos postos situados máis abaixo desta opción. A modo de exemplo:

  1. Posto XXXX
  2. Posto YYYY
  3. Posto ZZZZZ
  4. EXCEDENCIA ( É dicir, coa implantación deste sistema, o empregado público pasaría automaticamente a excedencia voluntaria por prestación no servizo público se non lle fose asignado ningún dos 3 postos seleccionados con anterioridade a esta opción)
  5.        …