Promoción Interna: Oposicións na primeira quincena de xullo.

Facenda xa dispón dun cronograma de todas as oposicións, pero resístese a facelo público para aumentar a tensión dos opositores.

Promoción interna dos funcionarios: Primeira quincena de xullo.

Segundo información á que tivo acceso CSIF, a previsión de Facenda é realizar todos os procesos da promoción interna a primeira quincena do mes de xullo.

A pesar de que Función Pública ten as datas pechadas e xa está traballando na organización de todo o operativo, garda con absoluto sixilo os días concretos da realización dos exercicio, aumentando así intencionadamente a tensión dos funcionarios que aspiran a promocionar.

Pola súa parte, a EGAP retomará as titorías dos cursos de axuda á preparación da promoción interna a partires do día 18 de maio e ata o 30 de xuño.

Oposicións de acceso libre.

No día de hoxe, Función Pública ven de facer públicas as datas dos procesos selectivos aos subgrupos A1 e C2 de funcionarios e I-004, II-007, III-2 e III-62 de persoal laboral, que serán os días 12 e 13 de xuño.

Ditas probas terán lugar simultaneamente en Silleda, Lugo e Vigo.

Consulta aquí a información ⇒ Oposicións días 12 e 13 de xuño.

Subgrupo C2 e Agrupación Profesional.

Con respecto ás oposicións do subgrupo C2 e da Agrupación Profesional, onde se concentran o maior número de aspirantes, Facenda non dispón aínda dunha data concreta.

Segundo poido saber CSIF, Facenda necesita do pavillón IFEVI de Vigo. Pero o dito pavillón está sendo utilizado polo SERGAS para a campaña de vacinación fronte a Covid.

A data de celebración destes dous últimos procesos dependerá de que Facenda chegue a un acordo co SERGAS que lle permita dispoñer da dita instalación.