Concurso de traslados de funcionarios. O que Función Pública non quere que saibas.

A resolución do concurso de funcionarios está condicionada á resolución de todos os procesos de estabilización.

O concurso de traslados dos funcionarios de carreira non pode resolverse ata a resolución dos procesos selectivos de estabilización. Procesos que, nalgúns casos, non comezaron ou están pendentes aínda da autorización das autoridades sanitarias para fixar a súa data de celebración.

O artigo 7 da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público de Galicia, a coñecida como “Lei de recortes da Xunta de Galicia”, establece taxativamente:

No serán ofertados en los concursos de traslados los puestos de personal laboral afectados por la disposición transitoria decimocuarta del texto refundido de la Ley de la función pública de Galicia, aprobado por el Decreto legislativo 1/2008, de 13 de marzo, y por la disposición transitoria décima del V Convenio colectivo de personal laboral de la Xunta de Galicia mientras no se realicen los procesos selectivos a que se refieren dichas disposiciones.”

A dita disposición transitoria décimocuarta establecía un proceso selectivo de carácter extraordinario para a substitución de emprego interino ou temporal por emprego fixo, afectando a aquelas prazas cubertas interina ou temporalmente, con anterioridade a 1 de xaneiro de 2005.

Unha disposición que a actual Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, mantén expresamente vixente na súa disposición derrogatoria primeira.

Nos procesos selectivos de estabilización que se están a desenvolver, ou pendentes da autorización da autoridade sanitaria, están incluídas prazas afectadas pola dita disposición transitoria décimocuarta. Trátase de postos que, aínda que figuran na RPT como postos de persoal funcionario, están ocupados de feito por persoal laboral indefinido non fixo.

Tal e como xa advertiu CSIF en reiteradas ocasións á Dirección Xeral de Función Pública, as ditas prazas, de réxime funcionarial pero ocupadas por persoal laboral indefinido non fixo, non deberían terse incluído no buzón de postos do concurso de traslados de funcionarios.

E elo porque, ademais de así establecelo o artigo 7 da Lei 2/2012, a inclusión destas prazas ía condicionar a resolución do concurso de traslados dos funcionarios, dilatando tal resolución no tempo. Tal e como está a suceder.

Sen embargo, unha vez mais a Dirección Xeral de Función Pública fixo caso omiso as advertencias da CSIF respecto a exclusión das ditas prazas do concurso, sen importarlle o máis mínimo os graves prexuízos que se ían causar aos funcionarios participantes.

Ademais, a maioría deste postos son postos bases ou de niveis baixos, polo que a súa retirada do concurso tería unha incidencia mínima, máxime cando moitos deles quedarán vacantes. Pola contra, a súa exclusión permitiría que o concurso de traslados de funcionarios estivera practicamente xa resolto ou en fase moi avanzada.

A falta de respecto de Función Pública e os seus sindicatos adlátares cos funcionarios de carreira:

Nos concursos de traslados non participan unicamente funcionarios que aspiran a adquirir un posto de nivel superior e ver melloradas as súas condicións económicas e laborais. Hai un número importante deles que trata de conseguir unha praza na súa localidade de residencia e evitarse así desprazamentos diarios de centos de quilómetros. Ou funcionarios doutras Comunidades Autónomas que aspiran retornar a Galicia por motivos de agrupación familiar e conciliación.

Moitos destes funcionarios necesitan organizar a súa vida. Necesitan saber si teñen que cambiar aos seus fillos de colexio no próximo curso escolar, ou precisan saber si teñen que manter os alugueres das súas vivendas noutras Comunidades Autónomas.

Sen embargo, cada vez que CSIF lle pregunta ao Director de Función Pública nas Mesas de Negociación pola previsión da resolución do concurso de traslados a resposta é sempre a mesma: un absoluto mutismo. Un mutismo malintencionado que ven a demostrar, unha vez máis, a total falta de respecto de Función Pública, tanto a esta organización sindical como aos funcionarios de carreira.

Pero o que tamén é certo é que Función Pública segue a contar co apoio incondicional e incomprensible dos sindicatos asinantes do Acordo de concertación (O acordo da vergoña).

Ditos sindicatos (CCOO e UGT) que, a pesares de ser minoritarios no ámbito dos funcionarios, apoiaron a Función Pública nas bases do concurso de traslados, sen importarlles os prexuízos a todos os participantes.

Sodes libres de facer o que queirades, 

pero cando vos fagan o mesmo masticade e tragade!!

(Manolito Pérez, funcionario da Xunta)