A Lei de Medidas Administrativas de 2021, é uno novo ataque aos funcionarios da Xunta.
A Mesa Xeral de Negociación de Emprego Público está convocada para o día 15 de outubro.
A Xunta volve a utilizar a Lei de Medidas Fiscais e Administrativas para modificar, a través de vinte artigos a Lei do Emprego Público de Galicia.
Unha vez mais, as ditas modificacións, en vez de incorporar medidas que melloren as condicións laborais e económicas dos funcionarios de carreira, introduce unha grave restrición da promoción interna.
Así, o anteproxecto prevé unha modificación do artigo 80.1 da Lei do emprego público, excluíndo a promoción interna nos procesos de estabilización e consolidación. Na práctica suporá privar aos funcionarios de carreira de centenares de prazas para poder promocionar a un subgrupo superior.
Neste sentido, a proposta de modificación do citado artigo estable que:
“Nas convocatorias de probas selectivas para o acceso á función pública, con excepción de aqueles procesos que teñan por obxecto a estabilización e a consolidación do emprego temporal, un mínimo dun vinte e cinco por cento das prazas convocadas reservarase para persoal funcionario pertencente a corpos ou escalas do subgrupo ou grupo de clasificación profesional, no suposto de que este non teña subgrupo, inmediatamente inferior…”
A modificación prevista pola Xunta vai en contra do espírito da normativa estatal.
Mentres que a recente normativa básica estatal ven de establecer que “os mecanismos de mobilidade e promoción interna serán compatibles cos procesos de estabilización”, a Xunta pretende rachar con este principio coa única finalidade de prexudicar aos funcionarios de carreira no seu dereito á promoción interna.
A Xunta quere venderse como a gran empresa de creación de emprego de Galicia.
Dunha primeira lectura desta medida que cercena o dereito dos funcionarios de carreira, podería interpretarse que o que pretende o goberno da Xunta é facilitar que o persoal funcionario interino e o laboral temporal adquiran a condición de fixeza. Unha pretensión coa que poderíamos estar de acordo. Pero nada mais lonxe.
Os procesos de estabilización e consolidación están deseñados para facilitar o ingreso de novos traballadores na Xunta de Galicia. Pero en ningún caso se perfilan para estabilizar ou consolidar ao persoal temporal que leva anos prestando servizos nesta administración.
Así está a ocorrer cos procesos que se están a desenvolver actualmente, nos que centenares de traballadores temporais están vendo frustradas as súas lexitimas aspiracións de adquirir a fixeza e están abocados a perder o seu posto de traballo.
Todo elo gracias a folla de ruta marcada entre a Xunta e as organizacións sindicais CCOO e UGT, e que ten a súa orixe no Acordo de concertación do emprego público de Galicia, coñecido como o “Acordo da vergoña”. Acordo que, non esquezamos, implicitamente xa supuxo a eliminación da promoción interna do persoal laboral.
Con estes traballadores, nin Xunta nin os seus sindicatos adláteres teñen a mais mínima consideración.
É por isto que a supresión da quenda de promoción interna nos procesos de estabilización ten como única finalidade facilitar a incorporación de traballadores novos, pero a costa do dereito dos funcionarios de carreira.
O único obxectivo do goberno galego con esta medida e acadar o titular de que a Xunta é a maior empresa de creación de emprego novo.
CSIF esixe a reserva dun 70% para a promoción interna nos procesos de acceso libre.
De manterse esta proposta de supresión da promoción interna, é precisa unha compensación para os funcionarios de carreira.
E a única compensación posible é o compromiso por parte da Xunta de Galicia de reservar un 70% das prazas convocadas en cada proceso selectivo de acceso libre para ser cubertas polo sistema de promoción interna.
De non facelo así, a Xunta de Galicia estará desprezando e insultando, unha vez mais, aos seus funcionarios de carreira.
Consulta aquí o Documento