CSIF insta a Facenda a convocar a Mesa Xeral de Empregados Públicos para adaptar o dereito de conciliación ás sentenzas xudiciais

Recientes pronunciamentos xudiciais demostran que a Xunta debe implantar con carácter xeral o dereito a permisos retribuidos por coidado de fillo menor confinado e dereito ao teletraballo tamén en postos de rexistro/atención ao público.

A Central Sindical Independiente e de Funcionarios de Galicia (CSIF Galicia) insta á Consellería de Facenda a convocar de forma urxente a Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, para negociar a implantación na Xunta, con carácter xeral, dos dereitos de permisos retribuídos por coidado de fillo menor confinado e de desempeño da modalidade de teletraballo en postos de rexistro/atención ao público nos que se dean as condicións para realizalo.

CSIF Galicia remitiu un escrito ao conselleiro para que axilice a celebración desta Mesa, ante os recientes pronunciamentos xudiciais –acadados por esta Central Sindical- que están pondo en evidencia cómo determinadas normas das Adminitracións Públicas conculcan o ordenamento xurídico ao limitar dereitos de conciliación e vulnerar, incluso, o dereito á igualdade recoñecido na Constitución.

Para CSIF, non se sostén a situación actual, na que non hai un criterio homoxéneo e tanto las consellerías como os entes instrumentais dan un tratamento totalmente dispar e diferente, segundo os casos, á hora de conceder o“deber inescusable de carácter persoal” para coidado de fillo menor confinado pola COVID, así como á hora de conceder o teletraballo a empregados públicos que desempeñan tarefas de rexistro e/o atención ao público.

“Así, nunhas consellerías ou entes son totalmente favorables ás medidas de conciliación, mentres que, pola contra, outras son absolutamente restritivas e limitativas dos dereitos de conciliación”, recoge el escrito remitido a la Consellería.

CSIF Galicia considera que, á vista dos pronunciamentos xudiciais referidos, é necesario que a Consellería de Facenda modifique a súa  actual perspectiva restritiva respecto aos  dereitos de conciliación dos empregados públicos e adopte unha postura máis ampla e acorde aos mandatos xudiciais.

Le o texto íntegro da carta remitida á Consellería.