Convocatoria-Comisión Extraordinaria de Persoal sobre bases de procesos selectivos de estabilización da lei 20/201 e OPE ordinaria 2022

Función Pública vén de convocarnos mañá mércores 21 á reunión da Comisión de Persoal Extraordinaria sobre os documentos definitivos das Bases de Concurso e Concurso-Oposición dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021 así como da OPE ordinaria 2022.

Achegamos documentación actualizada remitida por Función Pública:

Proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 pola quenda de acceso libre e mediante o Sistema de Concurso – Oposición

Proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 pola quenda de acceso libre e mediante o Sistema de Concurso

  • Subgrupo A1 e para o ingreso nas categorías 19, 22, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral / bases concurso A1 
  • Subgrupo A2 e para o ingreso nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 34, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral / bases concurso A2 
  • Subgrupo C1; para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B e para o ingreso nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral / bases concurso C1 
  • Subgrupo C2; no corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; e para o ingreso nas categorías 7, 12, 20, 21, 24, 25, 31, 33, 34, 37, 38 e 39 e 998A do grupo IV de persoal laboral /  bases concurso C2 
  • Escala de persoal subalterno da Xunta de Galicia e  escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais da Xunta de Galicia e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral / bases concurso AP 

Anexos OPE Ordinaria 2022

ANEXOS OPE ORDINARIA 2020-2022