Convocatoria 23D-Mesa Xeral de Funcionarios Públicos e Comisión de Persoal Extraordinaria: Procesos selectivos para o ingresos en diversas clases de persoal funcionario sanitario

Función Pública vén de convocarnos á xuntanza da Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos extraordinaria e Comisión de Persoal tamén extraordinaria que se celebrará o venres sobre as convocatorias de procesos selectivos para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública (Lei 17)

Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos extraordinaria

Día: 23 decembro

Hora: 12. 00 H

Orde do día:

  1. Convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro). Consultar documentación: convocatoria CONCURSO_ Lei 17
  2. Resolución do 19 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se modifica a Resolución do 24 de novembro de 2021, pala que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), para ampliar o número de prazas. Consultar documentación: Resolucion ampliación prazas convocatoria concurso oposición Lei 17

Comisión de Persoal Extraordinaria

Día: 23 decembro

Hora: 12. 30 H

Orde do Día:

  1.  Convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).
  2.  Convocatoria concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro)
  3. Informe sobre as convocatorias da Lei 20/2021, do 28 de decembro.