Nota Informativa da Comisión de Seguimento do acordo de Carreira Profesional

Informámosvos dos diferentes asuntos debatidos o día 20 de decembro de 2022 durante a primeira xuntanza da comisión de seguimento do acordo de Carreira Profesional coa presenza dos sindicatos asinantes: CSIF, CCOO e UGT. 

1.Sobre o Artigo 6. Cambio de grupo ou subgrupo ou vínculo

1. O persoal funcionario que acceda a outro grupo ou subgrupo mediante os procedementos de promoción interna e teña recoñecido un grao de carreira administrativa deberá reiniciar a carreira no novo grupo ou subgrupo.

Este cambio non afectará o grao de carreira xa recoñecido. Polo tanto, continuará percibindo o complemento de carreira no grupo ou subgrupo de orixe, ao que se lle irán sumando as novas retribucións ata o límite de catro graos. Cando o persoal funcionario teña recoñecidos máis de catro graos, percibirá o complemento de carreira correspondente aos catro graos de maior contía.

Porén, daráselle por recoñecido o grao inicial. No caso da promoción interna vertical, o tempo prestado no anterior grupo ou subgrupo computarase como prestado no novo grupo ou subgrupo.

 2. Falouse de que se aplicará idéntico criterio no caso do persoal laboral que acceda a corpos e escalas de persoal funcionario ou ben se trate de procesos de integración de persoal laboral en corpos e escalas de persoal funcionario.

 Formúlase dar o mesmo tratamento ao acceso libre ou a promoción interna, de tal forma que as persoas que accedan por acceso libre continuarán percibindo o complemento de carreira no grupo ou subgrupo de orixe ao que se lle irán sumando as novas retribucións ata o límite de catro graos. No caso de ter máis de catro graos percibirá os correspondentes aos catro graos de maior contía.

Dado que o complemento de carreira se recoñece con efectos retroactivos a 01.01.2022, o persoal que non tomara posesión do novo grupo ou subgrupo por promoción interna ou acceso libre antes do 31.12.2021 deberá solicitar o grao no grupo anterior e poderá solicitar o grao no novo grupo na próxima convocatoria de cumprir os requisitos.

Por contra, o persoal que tomara posesión antes do 31.12.2021 debe solicitar o Grao I no novo grupo ou subgrupo obrigatoriamente.

Os efectos económicos deste cambio interpretativo serán dende a aprobación da acta que recolla este criterio.

Esta interpretación aplicarase ao persoal funcionario da Administración xeral da C.A. de Galicia e ao persoal laboral da Xunta de Galicia.

Aclaracións:

  • Cando se fai referencia ao acceso libre, tamén se inclúe o cambio de grupo de titulación por acceso por listas de contratación.
  • Os efectos económicos serán a fecha da xuntanza e están referidos ao grao xa recoñecido e que se deixou de cobrar polo cambio de grupo de titulación.

2. Sobre Actualización de datos 

Non se debe presentar ningún mérito, soamente presentar a solicitude. Tampouco serán tidas en conta as solicitudes de actualización de méritos que se fagan mentres se atope aberta a convocatoria, co fin de non saturar o departamento correspondente.

Se tras presentar a solicitude, a interesada non ten ningún mérito ou resulta insuficiente requeriríaselle para que os fixera chegar ben por Notifica.gal ou colectivamente a través dunha publicación no DOG. A convocatoria non indica que se realizará mediante anuncio en DOG pero requirir individualmente é pouco áxil.

Esta interpretación aplicarase ao persoal funcionario da Administración xeral da C.A. de Galicia e ao persoal laboral da Xunta de Galicia.

3. Sobre a interpretación do artigo 10 acordo de carreira administrativa do persoal funcionario

Ante as dúbidas suscitadas en relación ao artigo 10 cómpre facer as seguintes aclaracións:

O artigo 10 do acordo establece que:

Artigo 10. Efectos administrativos

1. Poderá solicitar o recoñecemento do grao I ou II con efectos administrativos:

a) O persoal funcionario que non se atope en situación de servizo activo no seu grupo ou subgrupo.

b) O persoal funcionario en servizos especiais pero que non estea desempeñando cargos ou prestando servizos nesta administración.

c) O persoal funcionario en excedencia por prestación de servizos no sector público, excedencia voluntaria por interese particular, excedencia por coidado de familiares, excedencia por violencia de xénero ou violencia sexual ou en excedencia por violencia

d) O persoal funcionario en situación de servizo noutras administracións públicas.

2. Para o recoñecemento terase en conta o último posto ocupado nesta administración.

Existen determinadas persoas que están realizando a solicitude do grao correspondente a través da aplicación FIDES, pero que ao posuír varios corpos ou escalas, están realizando tamén fóra do sistema unha solicitude de recoñecemento con efectos administrativos doutro grao noutro corpo.

Neste sentido, cómpre indicar que na convocatoria do ano 2022 soamente se pode obter o recoñecemento con efectos económicos ou administrativos dun único grao. Polo tanto, se xa se fixo a solicitude de grao a través de FIDES correctamente, se inadmitirán as demáis solicitudes feitas fóra dese sistema.

Esta mesma interpretación farase ao persoal laboral.

4. Sobre a interpretación do artigo 2.e) acordo do persoal funcionario:

O artigo 2.e) do acordo do persoal funcionario sinala:

e) Persoal empregado público proposto para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira como consecuencia da superación do correspondente proceso de funcionarización do persoal laboral fixo, ao abeiro do Decreto 165/2019, do 26 de decembro

En relación ao persoal laboral do Grupo IV, categoría 04, a súa convocatoria do proceso de funcionarización está pendente de tramitar, considérase a este persoal incluído na letra e) do artigo, polo tanto, as súa solicitudes terán o mesmo tratamento que o resto do persoal incluído neste apartado, é dicir, consideraranse solicitudes de carreira administrativa no subgrupo C2.