Comisión de Persoal: Votacións da RPT da Vicepresidencia 1 e Economía e RPT de Sanidade

Achegámosvos un resume do resultado da Comisión de Persoal Extraordinaria celebrada hoxe, na que saíron adiante a RPT da Vicepresidencia 1ª e consellería de Economía, Industria e Innovación, co voto en contra de CSIF, e a RPT de Sanidade, coa abstención de CSIF.

Punto primeiro: Modificación da RPT da Vicepresidencia Primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación

1.- Prodúcese unha excesiva destrución de emprego público sobre todo en servizos periféricos.

2.- Amortízanse postos vacantes ocupados en comisión de servizos sen que figure no expediente autorización.

3.- Consideramos urxente abordar a creación dun corpo ou escala de persoal inspector en materia ambiental.

4.- Do mesmo xeito, as inspeccións en minería estánse a desenvolver por técnicos das xefaturas territoriais que, con diferentes retribucións, teñen as mesmas competencias pola normativa de aplicación sectorial mineira e, ademais, son autoridade laboral equiparables aos inspectores de traballo do Estado.

5.- Existencia dunha sentenza de nulidade da vixente RPT

Posición do voto:

CSIF: NEGATIVO

CIG: NEGATIVO

CCOO: ABSTENCIÓN

UXT: ABSTENCIÓN

Punto segundo: Modificación da RPT consellería de Sanidade

Esta modificación, que só atinxe a un posto, o noso sindicato négase a negociala por varios motivos:

1.- Está pendente de solucionar a discriminación retributiva e organizativa dos inspectores farmacéuticos de saúde pública dende 2008.

2.- Xa hai unha modificación da RPT da consellería de Sanidade pendente, con cuxo remanente se crea o posto da RPT que hoxe se vota.

3.- A consellería de Sanidade informou xa en 2020 que tiña prevista a equiparación retributiva das inspeccións farmacéuticas e veterinarias.

-Posición do voto:

CSIF: ABSTENCIÓN

CIG: POSITIVO

CCOO: POSITIVO

UXT: POSITIVO

ROGOS E PREGUNTAS

CSIF pide aclaracións sobre o abono dun complemento de productividade respecto dun grupo de traballo que se creou na AMTEGA sen que se tivese en conta o Acordo do Consello da Xunta de 8 de abril de 2021 polo que se aproban as actuacións en materia de persoal para a xestión dos fondos de recuperación e resilencia (FRR) e outros fondos europeos.

–    Xustificación xeral da existencia dese complemento, contías e criterios establecidos para a súa distribución e previsión da súa continuidade.