Alegacións de CSIF á RPT de Sanidade

Poñemos ao voso dispor as alegacións presentadas por CSIF á proposta de modificación da RPT da Consellería de Sanidade.

ALEGACIÓNS DA CSIF Á PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

Sen prexuizo das que se poidan incorporar durante o proceso de negociación, dende a CSIF formúlanse as seguintes ALEGACIÓNS:

Vista a modificación proposta pola Consellería de Sanidade para a adaptación da súa RPT ao Decreto de 136/2019 do 10 de outubro polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería esta organización sindical non está de acordo basicamente nos seguintes  aspectos:

Amortizacións

 a) Esta organización entende que os cambios motivados polo decreto se deben sufragar con medios propios e non recorrer a amortizacións, ou o que é o mesmo, que a destrución de emprego público sirva para o seu financiamento:

SA:S02.00.000.15770.011, posto base subgrupo C2, xustificación amortización: Posto amortizado para financiación do novo decreto de estrutura.

SA.S03.00.000.15770.002, posto base subgrupo A1, xustificación amortización: Posto amortizado para financiación do novo decreto de estrutura.

b) Tampouco estamos de acordo con que se amorticen postos alegando difícil cobertura:

  1. SA.C99.20.005.36560.020, Inspector/a veterinario/a Saúde Pública comarca Vigo, xustificación amortización: Vacante e desocupado por xubilación.
  2. SA.C04.005.15770.014, posto base subgrupo C1 (Tarxeta sanitaria), xustificación amortización: Posto vacante e desocupado dende o 22 de decembro de 2021
  3. SA.C99.10.002.15001.010, Posto base subgrupo C1 (Tarxeta sanitaria), xustificación amortización: Vacante e non ocupado dende 14/11/2017. Tras varias convocatorias en comisión de servizos e concurso de traslados non houbo posibilidade de cobertura. Necesidade de crear postos de maior nivel.
  4.   SA.C99.10.101.27001.070, posto base subgrupo C2 (Inspección sanitaria), xustificación amortización: Vacante e desocupado tras a resolución do concurso de traslados do ano 2019.
  5. SA.C99.10.101.27001.074, posto base subgrupo C2 (Inspección sanitaria), xustificación amortización: Vacante e desocupado dende 2018 por cesamento do funcionario interino que o ocupaba.
  6. SA.C99.10.101.27001.077, posto base subgrupo C2 (Inspección sanitaria), xustificación amortización: Vacante e desocupado tras a resolución do concurso de traslados do ano 2019.

Entendemos que estas xustificacións están incompletas, dado que existen outras formas de cubrir os postos que están en mans da administración como abrilo a A11 ou solicitar a súa cobertura polo sistema de listas de contratación. No caso de que o fito de estar vacante non sexa a causa de amortización, se ten que explicar con mais fundamento.

c) En termos xerais, nas Xefaturas Territoriais elimínanse postos de traballo de subalterno, grupo C2 ou analista programador. As funcións que desenvolven todos os citados son importantes para o desenvolvemento da actividade da organización.

No caso dos subalternos xa é unha realidade que a súa labor está a desenvolverse polos grupos superiores (por exemplo, a fotocopia de documentos) ante a falta de persoal destas características.

Si ben a Administración electrónica elimina traballo aos grupos administrativos (por exemplo, as notificacións), aínda persiste a necesidade de acudir aos mesmos xa que os non obrigados a relacionarse electronicamente coa Administración o fan maioritariamente pola vía tradicional: en papel. Pois ben, ese traballo debe desenvolverse en tempo e forma polos grupos aos que lle corresponde: C2. Eliminar estes postos de traballo agravaría unha situación que se está a producir.

O suposto da supresión dos postos de analistas programadores resulta paradoxal tendo en conta que a Administración electrónica demanda -cada vez máis- profesionais destas características.

Apertura a outros corpos/escalas

 a) Non ten sentido a abertura de postos da administración xeral a persoal estatutario da administración sanitaria do SERGAS. Os funcionarios pertencentes á Administración da Xunta están perfectamente formados e capacitados para o desempeño:

  • Secretario/a director/a xeral Planificación e Reforma Sanitaria

A este respecto, cabe salientar que xa hai anos CSIF presentou unha proposta de convenio de mobilidade recíproca entre o persoal funcionario da Administración Xeral da Xunta e o persoal estatutario da Administración Sanitaria (SERGAS). Proposta que non foi asumida pola Administración.

b) Apertura de postos de traballo a escalas e especialidades á marxe dos corpos da Administración Xeral.

A apertura de postos de traballo a escalas e especialidades de corpos da Administración especial alude a unha “potencial” maior facilidade para que a cobertura destes postos dispoña dun máis amplo abano de perfís e, en consecuencia, de maiores opcións de acadar profesionais adecuados a aqueles.

Lembrar que estamos a falar de postos de traballo de Subdirección ou xefatura de servizos, cuxa actividade é a xestión procedimental nun alto porcentaxe. Tomamos como exemplo algúns destes postos:

  • a) Dirección Xeral de RR.EE; Subdirección Xeral de Orzamentos: Servizo de Control.
  • b) Dirección Xeral de RR.HH.: Servizo de planificación normativa.
  • c) Subdirección Xeral de Desenvolvemento profesional

Pois ben, a actividade destes postos de traballo -entre outros- responde a un perfil e capacidades que son propias dos corpos da Administración Xeral. A formación obtida e a experiencia que adquiren desde que ingresan na Administración pública céntranse no coñecemento do procedemento e de ámbitos transversais como a contratación, os recursos humanos; a xestión económica, etc. Polo tanto, non acertamos a comprender que pode aportar o perfil dos corpos especiais, cuxa formación e capacitación se orienta desde o seu ingreso na Administración ao desenvolvemento de labores técnicas e non de xestión.

Obviamente, existen profesionais sobradamente preparados nos corpos da Administración  Xeral para ocupar eses postos sen necesidade de acudir aos corpos especiais.

Areas Funcionais

 Polo que respecta ás áreas funcionais, CSIF xa puxo de manifesto en diferentes ocasións seu o desacordo por que limitan a mobilidade dos empregados públicos, pero tamén entende que si uns a levan a deben levar todos. Entendemos que todos os postos que dependen dun servizo que ten asignada un area funcional deben ter a mesma área asignada tamén, tal e como aparece nos postos que dependen do servizo xestión de persoal da Vicesecretaría Xeral. Pero isto é algo que non se está a facer así. Como exemplo nos postos modificados a creación do Xefe grupo SA.C04.00.002.15770.019 non leva área e depende dunha sección que sí leva, e os dous postos base grupo A na mesma subdirección xeral de Compras e Servizos.

Experiencia e requisitos en postos base

 Experiencia, méritos ou requisitos en postos base. Os postos base ás veces son difíciles de cubrir e tense que recorrer á súa cobertura por persoal temporal, e na maioría dos casos son ofertados a persoal de novo ingreso, a quen se lle adxudica en orde a un criterio alleo aos requisitos do posto. Entendemos que tanto méritos como requisitos poden levar postos de nivel superior que fagan tarefas para as que a titulación sexa imprescindible, que en ningún caso pode ser un nivel base. Entendemos que niveis inferiores ao 22 (no caso do grupo A1) non deben ser agravados con méritos e moito menos con requisitos, por iso entendemos que se debe suprimir formación específica 501 no posto base grupo A SA.S02.00.001.15770.005.

Falta de oportunidades de promoción profesional en servizos provinciais

Por poñer un exemplo, no servizo de Inspección de servizos sanitarios da Coruña, tan so dispoñen de dúas seccións, a pesar de ter a maior carga de traballo a nivel provincial da consellería e a que ten máis postos C1, mentres en Ourense e Pontevedra, con menor carga de traballo, dispoñen de 3 e 4 seccións respectivamente. Se aprecia claramente que se lle debería de dar unha volta e ter en conta o número de empregados con posibilidade de promocionar horizontalmente, así como a carga de traballo á hora de crear os postos. E por suposto homoxeneizar eses criterios en todas as direccións xerais.

 

Noticia relacionada:

Consulta a Proposta de modificación de RPT da Consellería de Sanidade

 

 

Consulta o documento ⇒