Convocatoria Mesa Sectorial e Comisión de Persoal: Axentes Medioambientais, RPT Política Social e expediente electrónico

Función Pública vén de convocarnos para o día 30 a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Funcionarios, na que se abordará a resolución do proceso selectivo de axentes técnicos en xestión medio ambiental, grupo B, e da Comisión de Persoal, coa orde que regula o contido, uso e acceso ao expediente electrónico do persoal máis a RPT de Política Social como asuntos da orde do día.

MESA SECTORIAL DE FUNCIONARIOS

  1. RESOLUCIÓN pola que se convoca o proceso selectivo  para o ingreso na escala  de axentes técnicos en xestión medioambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B.

Documentación ⇔  AXENTES MEDIOAMBIENTAIS 

COMISIÓN DE PERSOAL

  1. RPT de Política Social

Documentación ⇔ MODIFICACION_RPT_PSX

2. Proxecto de Orde pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da  Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais.

Documentación ⇔ EXPEDIENTE ELECTRONICO