Comisión de Persoal 23 Xullo: Convocatoria de procesos selectivos para enxeñaría, arquivos e sistemas de información máis Rexistro de Persoal

Vimos de ser convocados a unha xuntanza da comisión de persoal o próximo venres 23 para a aprobación dos procesos selectivos de procesos selectivos dos subgrupos A1 e A2, correspondentes ás escalas de enxeñaría agronómica, sistemas e tecnoloxía da información, enxeñaría técnica agrícola, enxeñaría técnica de obras públicas e arquivos e máis do proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro do Persoal Funcionario Público Habilitado e a asistencia para a identificación e a sinatura electrónicas

Orde do día e documentación

  • Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica. ⇒ Convocatoria A1 Agronomica 
  • Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información. ⇒ Convocatoria A1 STI
  • Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola. ⇒ Convocatoria A2 ET AGricola 
  • Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas. ⇒ Convocatoria A2 obras publicas 
  • Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos. ⇒ Convocatoria A2 Arquivos 
  • Proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro do Persoal Funcionario Público Habilitado e a asistencia para a identificación e a sinatura electrónicas no ámbito da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades públicas instrumentais do sector público autonómico ⇒ Proxecto de decreto Rexistro Persoal Funcionario Habilitado